viernes, 23 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 23/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
23/06/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ADMINISTRATIVO DO ORAL RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado delegado en materia de Persoal, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, ditou a seguinte
RESOLUCIÓN:
“De conformidade co disposto na base V da convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 97, de 23 de maio de 2017, destinada a constituír unha bolsa de emprego para nomeamentos interinos e contratacións laborais temporais de persoal administrativo do ORAL, RESOLVO aprobar a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección do posto de administrativo que figura como anexo I desta resolución. Na mesma se determinan as causas de exclusión.
Esta Resolución publicarase no BOPPO e en www.depo.es e exposta no taboleiro de anuncios do Pazo provincial.
Tanto as persoas aspirantes excluídas coma as omitidas, por non figuraren nas relacións de admitidos, disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOPPO, para poder emendar os defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión.
Despois de concluído este prazo ditarase unha resolución definitiva coa relación de admitidos, a composición do tribunal de selección,a data da súa constitución e do primeiro exercicio, que se publicará a través dun anuncio no BOPPO, en www.depo.es e no taboleiro de anuncios do Pazo provincial.

CONCELLO DE  MOS
APROBACIÓN INICIAL DE ORDENANZA DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA ANUNCIO
Aprobado inicialmente por acordo do Pleno deste Concello de 29.05.2017 a “ORDENANZA DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA”, sometese a información pública e audiencia aos interesados para a presentación de reclamacións e suxestións que se teñan por convenientes polo prazo de TRINTA DIAS, a contar desde o día seguinte a publicación deste anuncio.

CONCELLO DE  TUI
CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN ENCARGADO DE MANTEMENTO DE REDES E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS
CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN DO PROCESO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO, DUN ENCARGADO DE MANTEMENTO DE REDES E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS PARA O CONCELLO DE TUI PROCESO EXPEDIENTE 814/2017
Con data 08 de xuño de 2017 , aprobáronse, por Resolución da Concellería de persoal, seguridade, mercados, emprego e formación, as Bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral temporal, a tempo completo, dun encargado de mantemento de redes e aplicacións informáticas para o Concello Tui.
As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4º da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de sete días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra.
As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui e na súa páxina web, www.concellotui.org

CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO MEDIO PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA
CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN DO PROCESO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, A TEMPO COMPLETO, DUN TECNICO MEDIO PARA A REALIZACION TAREFAS DE INFORMACION TURISTICA NA OFICINA DE TURISMO DE TUI
PROCESO EXPEDIENTE 505/2017
Con data 10 de maio de 2017 , aprobáronse, por Resolución da Concellería de persoal, seguridade, mercados, emprego e formación, as Bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral temporal, a tempo completo, dun técnico medio para a realización de tarefas de información turística na oficina de turismo de Tui.
Dado que o proceso selectivo resultou deserto, mediante Resolucion da Concellería de persoal, de data 14/06/2017, se reinicia o proceso de selección tendo en conta as bases aprobadas con data 10/05/2017.
As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4º da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de sete días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra
As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui, no taboleiro de anuncios da sede electronica e na súa páxina web, www.concellotui.org

ENTIDADE LOCAL MENOR DE SAN JUAN DE CHENLO (O PORRIÑO)
EXPOSICIÓN PÚBLICA E APERTURA PRAZO ALEGACIÓNS PARA A APROBACIÓN
DA CONTA XERAL DE 2016
Exposición Pública da Conta Xeral de 2016
Informada pola Comisión Especial de Contas en Sesión Extraordinaria de data de 31 de Maio do corrente a Conta Xeral desta Entidade Local Menor de Chenlo correspondente ao exercicio económico de 2016, e cumprindo o establecido no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a citada Conta Xeral, exponse ao público polo prazo de quince días, durante os cales, e oito máis as persoas interesadas poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario