jueves, 1 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 01/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
01/06/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTÍNUA. ACCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. MODALIDADE EN LIÑA
PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA
ACCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
MODALIDADE EN LIÑA
No marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (IV Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas), e con cargo ó crédito existente na aplicación orzamentaria da Deputación de Pontevedra 17/21.2210.165.00 e á subvención que conceda a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o Plan agrupado de formación continua do ano 2017, mediante Resolución Presidencial número 2017010359 de 22 de maio de 2017, aprobase a convocatoria das accións formativas programadas no anexo I, destinadas a persoal da Deputación de Pontevedra, que se rexerá polas seguintes
B A S E S
Primeira. Persoas destinatarias
Persoal da Deputación de Pontevedra que ocupe os seguintes postos:
• Xefas e xefes de sección ou de negociado para a acción formativa (LIN-17-001)
• Xefas e xefes de servizo para a acción formativa (LIN-17-002)
• Persoal encargado de Administración especial para a acción formativa (LIN-17-003)

CONVOCATORIA DE PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE LIBRE DESIGNACIÓN RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
O Centro Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra é unha institución de carácter educativo e social, concibida para acoller e formar a aquelas e aqueles menores en situación de risco ou exclusión social co obxectivo de mellorar o seu benestar social e favorecer a súa integración.
Na actualidade Príncipe Felipe presta os seus servizos a través de catro centros residenciais, Unidade de Primeira Acollida, Centro Infantil, Centro Escola Fogar e Centro Agarimo.
B A S E S
Base primeira. obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta convocatoria ten por obxecto a selección e posterior nomeamento de directoras e directores dos centros de acollemento de menores de Príncipe Felipe polo procedemento de libre designación con convocatoria pública, entre o persoal funcionario de carreira da Deputación Provincial de Pontevedra que reúna os requisitos esixidos para ser candidata ou candidato.
2. A convocatoria para seleccionar e nomear as direccións dos centros de acollemento de menores de Príncipe Felipe afecta a todos os postos que se relacionan no anexo II desta Resolución.

CONCELLO DE REDONDELA
NOMEAMENTO EN COMISIÓN DE SERVIZOS DUNHA PERSOA ADMINISTRATIVA, MEDIANTE CONCURSO
Convócase un procedemento para o nomeamento, en comisión de servizos, dunha persoa ADMINISTRATIVA, da administración xeral, subescala administrativa, encadrada no grupo C, subgrupo C1, mediante concurso, por considerar o dito nomeamento urxente e inaprazable.
Poderá participar na convocatoria o persoal funcionario de carreira do Concello de Redondela pertencente á escala de administración xeral, subescala auxiliar, cun mínimo de dous anos de antigüidade nesta subescala, que estea en posesión do título de BACHARELATO ou equivalente ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral do concello ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 8 días hábiles, que se contarán dende o día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOPP.
O texto íntegro dos criterios desta convocatoria publicarase no Taboleiro de Edictos e na páxina web do Concello (www.redondela.gal).Redondela, a 10 de maio de 2017.—O Alcalde, Javier Bas Corugeira.

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
CONVOCATORIA SELECCIÓN DUN XEFE/A DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN/HA XEFE/A DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DO PROGRAMA TEMPORAL 2016-2018.
Por Resolución desta Alcaldía do 24 de abril de 2017 aprobáronse as bases da convocatoria para a selección dun posto de Xefe/a da Brigada de Prevención e Defensa contra incendios forestais do Programa temporal 2016-2018.
O obxecto da convocatoria é a selección mediante o procedemento de concurso-oposición libre, dun/ha Xefe/a de Brigada, grupo C1, con carácter de funcionario/a interino/a.
O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes/instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa.
As bases poderán ser examinadas polos interesados no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web do Concello de Vilagarcía:www.vilagarcia.es.
O que se fai público para xeral coñecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario