jueves, 8 de junio de 2017

BOLETINES 08/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
08/06/2017
CONCELLO DE CANGAS
CONVOCATORIAS DOS PROCESOS SELECTIVOS DE 25 SOCORRISTAS E 3 PATRÓNS PARA O SERVIZO DE SALVAMENTO EN PRAIAS E 25 TRABALLADORES PARA O SERVIZO DE LIMPEZA EN PRAIAS DO CONCELLO DE CANGAS
Na Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas de data 05/06/2017 aprobáronse as convocatorias e as bases dos procesos selectivo para a contratación de 25 socorristas e 3 patróns para o servizo de salvamento en praias e para a contratación de 25 traballadores para o servizo de limpeza en praias con previsión de listas de agarda en ambos casos.
As bases estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello (www.cangas.gal). O período de presentación de instancias será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
CONCELLO DE CUNTIS
CONVOCATORIA SELECCIÓN PERSOAL PARA O SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO ANUNCIO
Por Resolución desta Alcaldía do 1 de xuño de 2017 aprobáronse as bases da convocatoria para a selección de dous conductores para o servizo de recollida do lixo do Concello de Cuntis.
O obxecto da convocatoria é a selección mediante o procedemento de concurso-oposición libre, deste persoal baixo a modalidade contractual temporal de “EVENTUAL DE DURACIÓN DETERMINADA POR ACUMULACIÓN DE TAREFAS”
O prazo de presentación de instancias será de 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes/instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cuntis.
As bases poderán ser examinadas polos interesados no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web do Concello de Cuntis http://concellodecuntis.sedelectronica.gal
O que se fai público para xeral coñecemento.
CONVOCATORIA PERSOAL PARA BRIGADA DE INCENDIOS 2017 ANUNCIO
Por Resolución desta Alcaldía do 2 de xuño de 2017 aprobáronse as bases da convocatoria para a selección de tres condutores de motobomba, catro peóns e un capataz para a Brigada de Prevención e Defensa contra incendios forestais do Programa temporal 2016-2018.
O obxecto da convocatoria é a selección mediante o procedemento de concurso-oposición libre, deste persoal en réxime de contratación laboral temporal.
O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes/instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cuntis.
As bases poderán ser examinadas polos interesados no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web do Concello de Cuntis: http://concellodecuntis.sedelectronica.gal.
O que se fai público para xeral coñecemento.
CONCELLO DE POIO
BASES XERAIS DE SELECCIÓN DE PERSOAL QUE INTEGRARÁN AS BOLSAS DE EMPREGO DO CONCELLO DE POIO NOS DIVERSOS POSTOS
Por medio do presente anuncio fanse públicas as bases xerais aprobadas pola Xunta de Goberno Local con data 29 de maio de 2017 mediante acordo número 15089:
PRIMEIRO. OBXECTO
Esta convocatoria ten por obxecto constituír unha bolsa de emprego para nomeamentos interinos e contratacións laborais temporais de diverso persoal cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
No caso de nomeamentos interinos:
• A existencia de postos vacantes, cando non sexa posible a súa cobertura por persoal funcionario.
• Substitución transitoria das persoas titulares dos postos nos casos de redución de xornada ou permisos a tempo parcial, incapacidade temporal, excedencia voluntaria para o coidado de fillas e fillos ou servizos especiais
• Execución de programas de carácter temporal e de duración determinada que non respondan a necesidades permanentes da Administración pública.
• Exceso ou acumulación de tarefas, de carácter excepcional e circunstancial, polo prazo fixado na lexislación vixente.
• Comisión de servizos ou situación de servizos especiais.
No caso de contratacións laborais temporais:
• Ocupación mediante interinidade dos postos de traballo vacantes en tanto non se desenvolve o correspondente proceso selectivo
• Necesidades do servizo, por incremento temporal e excepcional da carga de traballo, co fin de garantir o seu adecuado funcionamento.
• Incapacidade temporal para cubrir baixas por enfermidade.
• Permiso por maternidade ou paternidade.
• Uso do período de vacacións ou do permiso por asuntos propios.
• Licenza por asuntos propios.
• Comisión de Servizos, con dereito a reserva do posto de traballo ou situación de servizos especiais.
A través desta convocatoria preténdese seleccionar o persoal que integrará a bolsa de emprego e regular a cobertura dos postos ofertados cando se produza algunha das causas sinaladas no apartado anterior.
En todo caso, estes nomeamentos ou contratacións estarán supeditadas ás limitacións establecidas na Lei de orzamentos xerais do Estado de cada ano e á existencia de consignación económica no Orzamento municipal.
Están excluídas as contratacións que deriven de proxectos ou programas de colaboración con outras administracións e as subvencionadas con fondos europeos cando nas súas bases se estableza un determinado sistema de selección.
CONVOCATORIA: BASES ESPECÍFICAS PARA A CREACIÓN DE BOLSAS DE TRABALLO NOS POSTOS DE PEÓN DE SERVIZOS E LIMPEZA ANUNCIO
SUMARIO: BASES ESPECÍFICAS PARA A CREACIÓN DE BOLSAS DE TRABALLO NO CONCELLO DE POIO
Por medio do presente procédese a publicación da convocatoria para a elaboración de bolsas dos postos que se detallan segundo as bases específicas aprobadas por acordo número 15089 adoptado pola Xunta de Goberno Local:
Primeira. Obxecto da convocatoria
Ten por obxecto a presente convocatoria a elaboración das seguintes bolsas de contratación :
Descripción: 1251.png
Segunda. Requisitos
Ademais dos requisitos xerais sinalados nas bases xerais denominadas “Bases de Selección de Persoal que integrarán as bolsas de emprego do Concello de Poio nos diversos postos” as persoas aspirantes a estes postos deberán posuir os seguintes requisitos especificos:
Descripción: 1357.png
Terceiro. Sistema de Selección
O sistema de selección a utilizar é o de concurso- oposición, de conformidade co apartado na SISTEMA DE SELECCIÓN das bases xerais que rexen a convocatoria.


DOG                                             Descripción: dog                                                         
08/06/2017
CONCELLO DE ARZÚA
ANUNCIO de convocatoria para a contratación urxente dun auxiliar da radio municipal, a xornada parcial, mediante o sistema de oposición libre.
Mediante Resolución da Alcaldía, do 26 de maio de 2017, convócase un proceso de selección para a contratación urxente dun auxiliar da radio municipal, a xornada parcial, mediante o sistema de convocatoria de oposición libre.
O período de contratación é de dous meses e medio.
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación é de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, na páxina web do Concello e tamén serán publicadas no Boletín Oficial da provincia.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade da adhesión de diversas entidades locais ao convenio marco asinado entre a Administración xeral do Estado e a Xunta de Galicia para a implantación dunha rede de oficinas integradas de atención ao cidadán no ámbito territorial de Galicia.
Con data do 26 de xuño de 2015 asinouse un convenio marco de colaboración entre a Administración xeral do Estado e a Administración da Xunta de Galicia que ten como obxectivo o desenvolvemento das actuacións precisas para establecer progresivamente, no ámbito territorial de Galicia, unha rede de espazos comúns de atención ao cidadán que permitan a prestación de servizos integrados de información, orientación, atención e tramitación sobre determinados aspectos da actividade administrativa, coordinando para tal fin o exercicio das competencias das administracións intervenientes.
Entre as medidas tendentes a lograr o mencionado modelo de funcionamento administrativo destaca a de implantar, nas entidades locais que se adhiran, oficinas integradas de atención ao cidadán que se clasificarán, segundo o establecido na cláusula terceira do convenio, en función das súas capacidades e do nivel de servizos que presten.
O convenio marco establece, na súa cláusula décimo segunda, que as entidades locais interesadas en adherirse poderán solicitalo a partir da sinatura deste.
En consecuencia,
RESOLVO:
Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de entidades locais que ata a data se teñen adherido ao convenio marco asinado entre a Administración xeral do Estado e a Xunta de Galicia para a implantación dunha rede de oficinas integradas de atención ao cidadán no ámbito territorial de Galicia.

Consellería de Economía, Emprego e Industria





RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 12 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil. 27732 Descargar PDF




BOE                                                          Descripción: boe  
08/06/2017
JEFATURA DEL ESTADO Medidas urgentes
Real Decreto-ley 9/2017, de 26 de mayo, por el que se transponen directivas de la Unión Europea en los ámbitos financiero, mercantil y sanitario, y sobre el desplazamiento de trabajadores. PDF (BOE-A-2017-5855 - 53 págs. - 2.474 KB)  Otros formatos

Corrección de errores del Real Decreto-ley 9/2017, de 26 de mayo, por el que se transponen directivas de la Unión Europea en los ámbitos financiero, mercantil y sanitario, y sobre el desplazamiento de trabajadores. PDF (BOE-A-2017-6471 - 1 pág. - 149 KB) Otros formatos


MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y DE COOPERACIÓN Destinos
Resolución de 30 de mayo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se resuelve el concurso convocado por Resolución de 3 de marzo de 2017.

MINISTERIO DE DEFENSA Juzgados y Tribunales Militares
Resolución 430/38132/2017, de 1 de junio, de la Subsecretaría, por la que se publica el Acuerdo de 16 de mayo de 2017, de la Sala de Gobierno del Tribunal Militar Central, por el que se convoca la provisión de puesto de Vocal Togado en el Tribunal Militar Territorial Primero de Madrid.

MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional
Resolución de 5 de junio de 2017, de la Dirección General de la Función Pública, por la que se amplía y corrigen errores en la de 11 de mayo de 2017, por la que se publican las bases de concurso ordinario y convocatorias específicas para la provisión de puestos de trabajo reservados a funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional. PDF (BOE-A-2017-6497 - 5 págs. - 192 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DEL INTERIOR Cuerpo Facultativo de Sanidad Penitenciaria
Resolución de 29 de mayo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se convoca proceso selectivo para la selección y nombramiento de personal funcionario interino del Cuerpo Facultativo de Sanidad Penitenciaria. PDF (BOE-A-2017-6498 - 1 pág. - 151 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE Cuerpo de Maestros
Resolución de 30 de mayo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se nombran los Tribunales de los procedimientos selectivos de ingreso al Cuerpo de Maestros, convocados por Resolución de 11 de abril de 2017. PDF (BOE-A-2017-6499 - 5 págs. - 184 KB) Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario