miércoles, 21 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 21/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
21/06/2017
CONCELLO DE  VIGO
RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS DOS ASPIRANTES ÁS PRAZAS DE POLICÍA LOCAL POLA QUENDA LIBRE CORRESPONDENTES Á OEP 2010-2011
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día 1 de xuño de 2017 adoptou o seguinte acordo, relativo ao proceso selectivo para a provisión en propiedade de vinte e tres prazas de policía local (dezaoito pola quenda libre e cinco por mobilidade horizontal) correspondentes á Oferta de Emprego Público dos anos 2010-2011:
Primeiro.- Admitir a recusación presentada por D. Cristian Alonso Figueroa (doc 170035408) e outros opositores dos que se deixa adecuada constancia no antecedente primeiro desta proposta, contra os membros do Tribunal de oposición Dª. Marta Pereiro Domínguez (inicialmente, vogal suplente da vogal titular 2º) e D. Jesús González Costas, (vogal titular 3º) por estar incursos na causa de abstención/recusación de “amizade íntima” prevista nos arts. 23.2 c) e 24 da Lei 40/15 RXSP.
Segundo.- Rexeitar as peticións contrarias á admisión da causa de recusación por amizade íntima, das que se deixa adecuada constancia nos apartados 6.4 a 6.10 dos fundamentos xurídicos da presente proposta.
Terceiro.- Rexeitar a causa de recusación tamén invocada por D. Cristian Alonso Figueroa ( doc 170035408) e outros opositores dos que se deixa adecuada constancia no antecedente primeiro desta proposta, consistente en “ter relación de servizo” cos interesados no procedemento do art. 23.2 e) da LRXSP.
Cuarto.- Deixar, en consecuencia, sen efecto os nomeamentos dos citados vogais procedendo á inmediata sustitución dos mesmos consonte ás previsións do art. 24 da citada LRXSP.
Quinto.- Admitir os recursos de alzada (petición acumulada) presentados polos recusantes-recurrentes contra a celebración da primeira proba do proceso selectivo interesando a súa anulación, por resultar patente –nos termos descritos no fundamento xurídico sétimo desta proposta- a conexión de antixuridicidade entre a causa de recusación estimada e as inescindibles actuacións dos recusados individualmente e como membros do órgano colexiado.
Sexto.- Ordenar, en consecuencia, ao Tribunal retrotraer as actuacions ao momento inmediato anterior á elaboración e celebración do exercicio, para que coa composición que resulte do sistema de sustitucions dos vogais recusados previsto nas bases da convocatoria e sen prexuízo do nomeamento dos novos vogais titulares 2 e 3, se proceda sen demora a nova celebración do exercicio anulado.
Sétimo.- Rexeitar a petición acumulada polos interesados de nomeamento dun novo Tribunal.
Oitavo.- Publíquese o presente acordo na sede web do Concello de Vigo e no seu tablón de edictos, para coñecemento dos interesados.
Noveno.- Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, só cabe recurso ante os xulgados do contencioso-administrativo de Vigo, no prazo de dous meses a contar desde o seguinte á publicación realizada consonte ao número anterior. Isto sen prexuízo do dereito dos interesados a interponer calquera outro que consideren oportuno en dereito.”

CONCELLO DE  CANGAS
APROBACIÓN DEFINITIVA DO REGULAMENTO DO OBSERVATORIO MUNICIPAL DA INFANCIA DO CONCELLO DE CANGAS Anuncio
O Pleno do Concello de Cangas, en sesión ordinaria de data do 31/03/2017, acordou aprobar inicialmente o Regulamento do Observatorio Municipal da Infancia do Concello de Cangas (BOP núm. 74 de de 18/04/2017). Transcorrido o prazo de exposición pública sen que se forumlaran alegacións, faise público para o seu xeral coñecemento e en cumrpimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, sendo o texto íntegro do mesmo o seguinte:

No hay comentarios:

Publicar un comentario