lunes, 19 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 19/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
19/06/2017
CONCELLO DE  CRECENTE
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2017. ANUNCIO
O día  2 de xuño de 2017 o Pleno do Concello de Crecente aprobou inicialmente o Orzamento xeral para o exercicio de 2017, así como o cadro de persoal e as Bases de execución. Dando cumprimento ao disposto nos artigos 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais e 20.1 do RD 500/1990, de 20 de abril, exponse ao publico na Secretaría deste Concello polo prazo de 15 días hábiles, prazo que comezará a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP, coa finalidade de que durante este tempo os interesados poidan examinalo e presentar as reclamacións que estimen oportunas diante do Pleno da Corporación. Se non se presentasen reclamacións, o orzamento considerarase definitivamente aprobado sen necesidade dun novo acordo do Pleno.

CONCELLO DE  MARÍN
BASES BOLSA ESTUDOS-PRÁCTICAS NAS OFICINAS DE TURISMO
BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN PARA A ADXUDICACIÓN DE UNHA BOLSA DE ESTUDOS OU BECA PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS LABORÁIS NAS OFICINAS DE TURISMO DO CONCELLO DE MARÍN NO ANO 2017
1-OBXETO DA CONVOCATORIA
As presentes bases teñen por obxecto regular o procedemento de selección de UN/UNHA BOLSEIRO/BOLSEIRA PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS LABORÁIS NAS OFICINAS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DE MARÍN, coa finalidade de promover e completar a súa formación realizando labores de información turística en ditas oficinas.
2-BENEFICIARIOS/AS
Poderán beneficiarse destas bolsas as persoas físicas que, con plena capacidade de obrar e sen estaren inhabilitadas para obter axudas e subvención públicas, reúnan os seguintes requisitos:
• Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países membros da Unión Europea.
• Estar en posesión dunha titulación de grao ou de diplomatura en Turismo, de técnica ou técnico superior en Información e Comercialización Turísticas ou de técnica ou técnico superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas, ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
• Non ter rematados os seus estudos antes do ano 2007.
• Non ter ningunha incapacidade física nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
• Estar inscrita nalgunha oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego ou en mellora de emprego.
• Nor ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non estar contratado polo grupo 1, 2 ou 3 de cotización por un período de tempo superior a 12 meses.
• Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV (para titulacións universitarias) e Celga III (para ciclos superiores de formación profesional).
• Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino.
• Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Ley 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvención (LXS).
3-CONTÍA
A dotación económica das bolsas será de 800,00 euros ao mes para as persoas graduadas ou diplomadas e de 700 euros ao mes para as técnicas ou técnicos superiores, cantidades que se imputarán á aplicación orzamentaria 432.131.00
O pagamento das bolsas, por mensualidades completas ou por fraccións, realizarase a partir da incorporación das persoas beneficiarias e será proporcional ao tempo que dure a bolsa para os casos nos que se inicie ou finalice a súa relación nunha data que non coincida co mes natural. Esta cantidade será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir do momento en que sexa concedida.
No suposto de que o/a beneficiario/a da beca renuncie á mesma unha vez outorgada, aboaráselle a cantidade correspondente aos días transcorridos dende a súa incorporación e ate que se produza a renuncia.

CONCELLO DE  PONTECESURES
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DO EXERCICIO ORZAMENTARIO 2016
A N U N C I O
Formulada e rendida a Conta Xeral do exercicio orzamentario 2016, e informada pola Comisión de Contas, Patrimonio e Contratación, exponse ó público por espazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia, ó obxecto de que os interesados poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que estimen pertinentes, durante o prazo de exposición e os oitos días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril e 212.3 do R.D. Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Pontecesures, 7 de xuño de 2017

CONCELLO DE  O ROSAL
CONVOCATORIA 3 PRAZAS DE PERSOAL PARA A FEIRA DO VIÑO ANUNCIO
Mediante resolución da Alcaldía do día de onte acordouse aproba-las bases e a convocatoria para cubrir tres prazas de persoal laboral temporal para a realización de tarefas de INFORMACIÓN XERAL E VENDA DE CATAVIÑOS durante os tres días en que se desenvolve a Feira do Viño do Rosal, a xornada completa.
Pola presente ábrese un prazo de sete días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, todo elo de conformidade coas bases da convocatoria expostas no taboleiro de anuncios do concello.

CONCELLO DE   SILLEDA
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DO ANO 2016
Exposición pública da Conta Xeral do exercicio do 2016
Unha vez rendida e ditaminada pola Comisión Especial de Contas a Conta Xeral do exercicio do 2016, na sesión celebrada o día 6 de Xuño de 2016, en cumprimento do disposto no artigo 212.3 do RDL 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ó público na Secretaría deste Concello, polo prazo de 15 días hábiles, e oito mais (23), a contar dende o seguinte o da publicación no B.O.P., a fin de que durante o mesmo poidan formularse reclamacións ou alegacións polos interesados lexítimos.

MANCOMUNIDADE TERRAS DE PONTEVEDRA
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO 2017
Na sesión do Pleno desta Mancomunidade do 21.04.2017 aprobouse inicialmente o orzamento do exercicio 2017 e acordou someter a aprobación inicial a información pública mediante anuncio que se publicou no BOP nº 91 de 12 de maio de 2017 e no taboleiro de anuncios durante quince días.
Non téndose presentado reclamacións en prazo considerase definitivamente aprobado, entrando en vigor logo da presente publicación, tal e como se sinalaba no anuncio previo de exposición pública. Isto de conformidade co artigo 169.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario