miércoles, 28 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 28/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
28/06/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
RECTIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR CATRO POSTOS DE TRABALLO VACANTES NO CADRO DE PERSOAL LABORAL FIXO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2015 RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
“Ó amparo do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, RESOLVO rectificar a Resolución Presidencial nº2017012582, publicada no BOP nº112, de 27 de xuño de 2017, pola que se aproba a convocatoria do proceso selectivo para cubrir catro postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra, incluídas na Oferta de Emprego Público do ano 2015, no senso que, na base cuarta apartado 2) onde di “ O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOPPO), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no BOPPO e o extracto no Diario Oficial de Galicia.”, debe dicir “O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no BOPPO.”

RECTIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2015RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
“Ó amparo do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, RESOLVO rectificar a Resolución Presidencial nº2017012580, publicada no BOP nº112, de 27 de xuño de 2017, pola que se aproba a convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na Oferta de Emprego Público do ano 2015, no senso que, na base quinta apartado 2) onde di “ O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOPPO), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no BOPPO e o extracto no Diario Oficial de Galicia.”, debe dicir “O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no BOPPO e o extracto no Diario Oficial de Galicia.”

CONCELLO DE A GUARDA
APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA ANUNCIO
Aprobación da ordenanza reguladora da Administración electrónica do Concello da Guarda
O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 26 de maio de 2017, acordou aprobar inicialmente a ordenanza reguladora da Administración electrónica do Concello da Guarda.
De conformidade co disposto no artigo 49 da lei 7/1985, do 2 e abril, reguladora das Bases do Réxime Local, sométese o expediente a información pública e audiencia dos interesados por un período de trinta (30) días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, co fin de que durante este período se podan formular as reclamacións e suxestións que se consideren oportunas.
Se non se presentasen reclamación a ordenanza entenderase definitivamente aprobada.
O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.

CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA
APROBACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS: PRAZA POLICÍA LOCAL ANUNCIO
Por Decreto de Alcaldía de data 16 de xuño de 2017 aprobouse a lista provisional de aspirantes admitidos e excluidos no proceso selectivo para a cobertura mediante oposición libre de unha praza de Policía Local vacante na plantilla de persoal funcionario deste Concello, que se transcribe a continuación:
“”Vistas as bases da convocatoria para a provisión mediante oposición libre, de unha praza correspondente á plantilla de persoal funcionario, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, grupo C1 e ca denominación de Policía Local, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local de data 31 de marzo de 2017 e publicadas no BOP nº 71 de 11 de abril de 2017, extracto da convocatoria no DOG nº 75 de 19 de abril de 2017 e BOE nº 106 de 04 de maio de 2017.
Vistas as solicitudes presentadas polos aspirantes.
Por medio da presente RESOLVO
1.—Aprobar a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, insertando a mesma no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Taboleiro de Edictos do Concello de A Illa de Arousa:

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO MUNICIPAL 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión celebrada o 15 de xuño de 2017, o Orzamento xeral, as bases de execución, e o cadro de persoal e relación de postos de traballo para o exercicio económico de 2017, e de acordo co previsto no artigo 169 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, do 5 de marzo, e o artigo 20 do RD 500/1990, do 20 de abril, exponse ó público o expediente e a documentación preceptiva polo prazo de 15 días, que se contarán dende o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, aos efectos de reclamacións e alegacións.
Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
Igualmente poderá ser examinado na sede electrónica deste Concello (https://pazosdeborben.sedelectronica.gal).
De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, si durante o citado prazo non presenten reclamacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario