BOPPO PONTEVEDRA
15/06/2017
CONCELLO DE CALDAS DE REIS
ADXUDICACIÓN DE CONTRATO DO SERVIZO DE
MANTEMENTO INFORMÁTICO ANUNCIO DE ADXUDICACIÓN
Por Resolución da Alcaldía
de data 30 de maio de 2017, aprobouse a adxudicación do contrato do servizo de
“MANTEMENTO DO SISTEMA INFORMÁTICO, EQUIPOS INFORMÁTICOS (HARDWARE E SOFTWARE),
CONTAS DE CORREO ELECTRÓNICO, PÁXINA WEB, SEDE ELECTRÓNICA E DESENVOLVEMENTO
DUNHA PLATAFORMA PARA XESTIÓN DE RESERVAS DE PISTAS DEPORTIVAS E ASESORAMENTO
INFORMÁTICO” EXPTE. 1242/2017, o que se publica aos efectos do disposto polo
artigo 154 do TRLCSP aprobado polo RDL 3/2011, de 14 de novembro.
CONCELLO DE A ESTRADA
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PREZO PÚBLICO DA
GARDERÍA MUNICIPAL, XUÑO 2017
Mediante o Decreto da
Alcaldía núm. 535, do 6 de xuño de 2017 aprobouse a liquidación correspondente
ao Prezo público polo servizo de gardería municipal de XUÑO de 2017 cun importe
de 8.354,95 € e un total de 140 usuarios.
Conforme ao disposto no
artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria aplicable á
facenda das entidades locais e aplicando o disposto no artigo 12 do Real
decreto lexislativo 2/2004 de 5 do marzo polo que se aproba o texto refundido
da Lei reguladora das facendas locais, quedan expostos ao público durante o
prazo de 15 días para o seu exame e para a reclamación por parte das persoas
interesadas. O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro
do artigo 102 da Lei 58/2003 xeral tributaria.
CONCELLO DE AS NEVES
CONVOCATORIA
E BASES PARA SELECCIONAR UN ADMINISTRATIVO INTERINO ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local, na
súa seión de 16 de maio de 2017, acordou aproba-la convocatoria para a
selección, por oposición libre, dun Administrativo de administración xeral,
subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, para cubrir interinamente a praza
que se atopa vacante, así como as Bases que rexerán esta selección e que son do
seguinte tenor literal:
“BASES E CONVOCATORIA DE
OPOSICIÓN LIBRE PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME DE INTERINIDADE DUNHA PRAZA DE
FUNCIONARIO DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA ADMINISTRATIVA, NO CONCELLO DAS
NEVES.
I. NORMAS XERAIS
As probas selectivas
rexeranse polo previsto nestas bases e polo disposto no Real Decreto
Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da
Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TRLEBEP), Lei 2/2015, do 29 de
abril, do emprego público de Galicia (LEPGA), Lei 7/85, do 2 de abril,
Reguladora das Bases do Réxime Local, Lei 5/1997, do 22 de Xullo, de
Administración Local de Galicia, Decreto 896/1991, do 7 de xuño, regras básicas
e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos
funcionarios da administración local e, supletoriamente, o Real Decreto
364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso de
persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado e demais lexislación
concordante que sexa de aplicación.
CONCELLO DE PONTE CALDELAS
APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE POSTOS
DE TRABALLO PARA O ANO 2017 ANUNCIO
MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
O Pleno deste Concello, en
sesión celebrada o día 22.12.16, acordou aprobar a Modificación da Relación de
Postos de Traballo deste Concello.
Con data 02.02.17 publicouse
Anuncio de modificación da Relación de Postos de Traballo no Boletín Oficial da
Provincia de Pontevedra número 23, expoñéndose ó público durante un prazo de 20
días hábiles a contar dende o seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da
Provincia, durante os cales os interesados puideron examinala e presentar
reclamacións ante o Pleno.
Visto o certificado de
Secretaria da exposición pública de dito acordo de data 17 de marzo de 2017, no
que se acredita a presentación dunha alegación con data de 21.02.2017.
O Pleno, en sesión ordinaria
de 25.05.17 acordou desestimar a alegación presentada e aprobar definitivamente
a modificación da Relación de Postos de Traballo deste Concello para o ano 2017
co texto que figura no expediente.
De conformidade co
establecido no artigo 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril,
polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en
materia de Réxime Local, por medio do presente anuncio, procédese á publicación
íntegra da mencionada modificación:
CONCELLO DE VALGA
APROBACIÓN DEFINITIVA DO REGULAMENTO ORGÁNICO
MUNICIPAL
Aprobado inicialmente o
Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Valga, por Acordo do Pleno
Extraordinario de data 2 de marzo de 2017, de conformidade cos artigos 49 e
70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 56 do
Texto Refundido de Réxime Local, faise público que, transcorrido o prazo de
exposición pública do expediente do regulamento orgánico municipal do Concello
de Valga, o Pleno do Concello, na sesión celebrada o 5 de xuño de 2017 acordou
desestimar as reclamacións presentadas contra o mesmo e aprobar definitivamente
o regulamento orgánico municipal polo que procédese á súa publicación íntegra
no Boletín Oficial da Provincia que entrará en vigor aos quince días da súa
completa publicación.
O que se fai público para
xeral coñecemento, advertíndose que de acordo co disposto no artigo 112.3 da
Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas contra a presente disposición de carácter xeral non
caberá recurso en vía administrativa, podendo interpoñerse recurso
contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo no prazo
de dous meses dende a publicación do presente acto de acordo co establecido no
artigo 46 da Lei reguladora da Xurisdicción Contencioso Administrativa. Todo
isto sen prexuízo de que poida exercitarse, no seu caso, calquera outro recurso
que se estime pertinente.
EXPOSICIÓN PÚBLICA CONTA XERAL 2016 A N U N C
I O
Formada e rendida a Conta
Xeral desta Entidade Local correspondente ó exercicio contable 2016, unha vez
sometida a informe da Comisión de Réxime Especial de Contas, Economía, Facenda
e Patrimonio celebrada o día 5 de xuño de 2017 exponse ó público por prazo de
quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste
anuncio no BOP de Pontevedra, durante os cales, e oito (8) máis, os posibles
interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións á mesma
que estimen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real
Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido
da Lei Reguladora das Facendas Locais.
TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA SECRETARÍA
DE GOBIERNO A CORUÑA Concurso Xuíz de paz substituto de A Guarda
No habiéndose elegido por el
Ayuntamiento de A GUARDA (PONTEVEDRA) Juez de Paz SUSTITUTO de dicha localidad,
se convoca para que, en el plazo de 15 días computados a partir de la
publicación de este Edicto en el Boletín Oficial de la Provincia, cuantos
tengan interés en aspirar al mencionado cargo dirijan una instancia a la
Presidencia del Tribunal Superior de Justicia de Galicia en A Coruña, haciendo
constar lo siguiente:
1º) Nombre, apellidos, DNI
(fotocopia), edad y domicilio.
2º) Si ha desempeñado el
cargo de juez de paz o sustituto.
3º) Méritos que estime puede
hacer valer.
4º) Profesión actual.
Lo que se hace público en cumplimiento del acuerdo de la Sala de
Gobierno del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, para conocimiento de
cuantos tengan interés en solicitar la plaza indicada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario