martes, 13 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 13/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
13/06/2017
CONCELLO DE CANGAS
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA 2 TÉCNICOS/AS DE TURISMO
Por resolución da Alcaldía do Concello de Cangas de data 07/06/2017 aprobouse a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a 2 técnicos/as para as oficinas de Turismo polo sistema de concurso - oposición libre.
As bases da convocatoria estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello (www.cangas.gal) .

CONCELLO DE A ESTRADA
EDITO NOMEAMENTO DE INSTRUTORA DOS PROCEDEMENTOS SANCIONADORES DE TRÁFICO
O Alcalde, no uso das facultades que lle confire a lexislación local vixente, en relación coa delegación de competencias do Concello do A Estrada a favor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (O.R.A.L.), ditou o 25 de maio a seguinte Resolución nº 496/2017 que dispón:
“.... Vista a necesidade de nomeamento urxente de instrutor dos procedementos para evitar a súa paralización e a proposta de nomeamento do Concelleiro Delegado de Persoal dun/dunha funcionario/a con coñecemento suficientes no procedemento sancionador de tráfico, que di: “nomear a funcionaria deste Concello, Dna Paula Yebra Rovira, con DNI 33.299.163Q, Administrativa de Administración Xeral do Departamento de Tesoureria, e licenciada en Dereito, Instrutora dos procedementos sancionadores de tráfico do Concello da Estrada”
Vista a autorización da funcionaria para o uso da súa sinatura escaneada, e tendo en conta, o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local RESOLVO
PRIMEIRO: nomear, con carácter xeral ao seguinte órgano interveniente no procedemento sancionador de tráfico e autorizar a cesión do uso da sinatura escaneada da instrutora:
1.- Instrutora do procedemento: Funcionaria Administrativa de Administración Xeral do Concello da Estrada, Dna. Paula Yebra Rovira, con DNI 33299163...”

CONCELLO DE MARÍN
CORRECCIÓN ERROS DAS BASES PARA AXUDANTE DE CONDUTOR BARREDORA
Expte: 77/2017. “Bases para a selección dun/ha funcionario/a interino/a coa categoría de axudante conductor barredora”.- Corrección erros.
No BOP de Pontevedra nº 57 de 22 de marzo de 2017 foron publicadas as “Bases para a selección dun/ha funcionario/a interino/a coa categoría de axudante conductor barredora.”
Téndose detectado un erro nas devanditas bases, esta Alcaldía, de acordo co previsto no artigo 109.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas que permite as mesmas “rectificar en cualquier momento, de oficio o a instancia de los interesados, los errores materiales, de hecho o aritméticos existentes en sus actos”, RESOLVE:
Primeiro.-Rectificar o erro material detectado nas “Bases para a selección dun/ha funcionario/a interino/a coa categoría de axudante conductor barredora”, publicadas no Boletín oficial da provincia de Pontevedra nº 57, de 22 de marzo de 2017, de xeito que o contido do primeiro exercicio da oposición, regulado na base 9, quedará redactado como sigue:
“PRIMEIRO EXERCICIO. — Proba práctica de carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito, no tempo que determine o tribunal, un cuestionario tipo test, elixido ao azar de entre dous propostos polo Tribunal, de 50 preguntas con catro respostas alternativas cada unha delas, das cales unicamente unha será correcta, e que versarán sobre o contido do temario que figura como Anexo II.
O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar 5 puntos para a súa superación.
As respostas correctas cualificaranse con 0,20 puntos e as erróneas se penalizarán con -0,10 puntos. As preguntas en branco non puntuarán.
Os aspirantes disporán dun prazo de TRES DÍAS HÁBILES, a contar dende o día seguinte á súa publicación no Taboleiro de Anuncios do Concello, para presentar reclamacións ás puntuacións.
Segundo.- Ordear a publicación da presente corrección de erros no Taboleiro de anuncios do Concello de Marín e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, autorizando o custe de dita publicación.

ENTIDADE LOCAL MENOR DE PAZOS DE REIS (TUI)
APROBACIÓN INICIAL CONTA XERAL 2016 EDICTO
Rendida a Conta Xeral do exercicio 2016, ditaminada favorablemente pola Comisión de Contas, Facenda e Patrimonio desta Entidade, a mesma atópase exposta na sé desta entidade polo prazo de 15 días hábiles, que comezarán a contar dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no “Boletín Oficial” da provincia, o obxecto do seu exame e formulación, por escrito, os reparos e observacións que estimen pertinentes, durante dito prazo e os 8 días seguintes, de conformidade coas Leis 7/85 RBRL, e RDL 2/04.
Pazos de Reis, 31 de maio de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario