martes, 6 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 06/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
06/06/2017
CONCELLO DE CALDAS DE REIS
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO PARA O EXERCICIO 2017
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria de data 25 de maio de 2017, aprobou definitivamente o Orzamento Municipal para o exercicio económico 2017, coas Bases de
Execución do Orzamento e delegacións contidas nas mesma, Anexo de Investimentos, Cadro de Persoal, Cadros de Retribucións do persoal funcionario, do persoal laboral e do eventual, cargos a desempeñar con dedicación, retribucións dos cargos con dedicación, a asignación de dotación económica aos Grupos Políticos, subvencións nominativas; dando cumprimento ao artigo 169.3 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en concordancia co artigo 20 do R.D. 500/1990, do 20 de abril, faise público resumido por capítulos:

CONCELLO DE MARÍN
LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS AO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA, POR FUNCIONARIO DE CARREIRA, DUNHA PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
SRA. ALCALDESA – PRESIDENTA
María Ramallo Vázquez
Expediente nº 672/16
Rematado o prazo de presentación de instancias de participación no proceso selectivo, de acordo co previsto nas “Bases do proceso selectivo de Técnico da Administración Xeral”, para a selección dun/ha funcionario/a de carreira, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de 2 de marzo de 2017 e cuxa convocatoria foi publicada no Boletín Oficial do Estado de 24 de marzo de 2017, esta Alcaldía no uso das facultades que ten atribuídas polo art. 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local,

APROBACIÓN ORZAMENTO PARA O EXERCICIO 2017
O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 12/04/2017 aprobou inicialmente o Orzamento Xeral da Corporación para o exercicio 2017, por un importe global de 13.139.135,01€.
O dito expediente foi exporto ao público durante quince días hábiles, sendo publicado o anuncio no Boletín Oficial da Provincia nº 78 de data 24/04/2017.
Durante o periodo de exposición pública indicado, ditado non foron presentadas as alegacións, polo que se considera definitivamente aprobado o orzamento xeral da Corporación para o exercicio 2017.
En consecuencia, e de conformidade co establecido no artigo 20.3 do R.D. 500/90 e 169.3 do R.D.Lex. 2/2004, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise pública a aprobación definitiva do expediente do Orzamento Xeral do Concello, para o exercicio 2017, o Anexo de Inversións e as Bases de Execución do Orzamento, co seguinte resumo por capítulos:

CONCELLO DE PONTEAREAS
RESOLUCIÓN SOBRE A REVOCACIÓN DE DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO ALCALDE NA XUNTA DE GOBERNO
MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA, DO 16 DE XUÑO DE 2015 (PUBLICADA NO BOP O 17 DE XULLO DE 2015, N.º 136) DE DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO ALCALDE NA XUNTA DE GOBERNO E ASIGNACIÓN DE CONCELLERÍAS
Vista a Resolución ditada pola Alcaldía o 16 de xuño de 2015 e publicada no BOP n.º 136, do 17 de xullo de 2015, sobre a delegación de competencias do Alcalde na Xunta de Goberno Local, e de conformidade coas facultades que me confire a vixente Lei de Bases de Réxime Local 7/85 do 2 de abril, e demais disposicións concordantes de aplicación
RESOLVO:
1º) Modificar a Resolución da Alcaldía do 16 de xuño de 2015 (BOP n.º 136, do 17 de xullo de 2015) no sentido de revocar as delegacións de competencias seguintes:
— Contratación de persoal.
— Contratacións e concesións de competencia da Alcaldía, incluída a aprobación dos correspondentes proxectos e certificacións.
— Concesión de subvencións e aprobación de convocatorias e bases correspondentes, excepto a concesión de axudas de emerxencia social que seguirán delegadas na Xunta de Goberno Local.
2º) Dese conta ó Pleno da Corporación da presente Resolución na primeira sesión que se celebre e publíquese no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios municipal, sen prexuízo da súa efectividade dende o día de hoxe.

CONCELLO DE VILABOA
APROBACIÓN DEFINTIVA DO ORZAMENTO 2017
Aprobado definitivamente polo Pleno deste Concello, o Orzamento Xeral para o exercicio económico de 2017 e a Plantilla do persoal, por non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición pública anunciado no BOP nº 71 de 11 de abril de 2017 e ao que fai referencia o artigo 169 do R.D.Lex. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público segundo dispón o artigo 169.3 do citado R.D.Lex. o resumo por capítulos, co seguinte detalle:

No hay comentarios:

Publicar un comentario