martes, 20 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 20/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
20/06/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA "TECENDO LAZOS 2017"
ANUNCIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA RELATIVO A PUBLICACIÓN NO BOPPO DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “TECENDO LAZOS 2017
A Xunta de Goberno na súa sesión de 9 de xuño de 2017 acordou entre outros o seguinte acordo: aprobación das bases reguladoras do programa Tecendo Lazos 2017.
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “TECENDO LAZOS” 2017
No artigo 2 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, defínense os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos marcados nesta lei.
Con ese fin a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha distintas accións e programas dirixidos a entidades, a asociacións e á cidadanía para garantir os principios establecidos pola lei.
Polo exposto, convócase a segunda edición do programa interxeracional “Tecendo lazos”, que se rexerá polas seguintes
BASES
Primeira. Obxecto
Constitúe o obxecto destas Bases a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación de Pontevedra relativa ao programa “Tecendo lazos” 2017, que ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre a través dos cales se pretenden poñer en marcha estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio recíproco, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.
Nas persoas maiores fomentarase o envellecemento activo, que mellore a súa actividade física, cognitiva e social, e nas persoas máis novas impulsaranse as habilidades sociais e a empatía cara ao resto das xeracións.
Todos os obradoiros contarán, ademais, cun módulo denominado A Historia do Meu Concello, a través do cal se tratarán de recompilar as historias, lendas, contos e fotografías dos concellos que se adhiran, co fin de publicar a información e a documentación recollidas.

CONCELLO DE  REDONDELA
LISTA DEFINITIVA DO PROCESO SELECTIVO DE DÚAS PRAZAS DE ADMINISTRATIVOS/AS, E UNHA PRAZA DE DELINEANTE (OFERTA 2016)
Por Resolución do alcalde, con data de 12/06/2017 aprobouse a relación definitiva de persoas admitidas, os tribunais cualificadores e a data de realización do 1.º exercicio da fase de oposición dos procesos selectivos que se convocaron para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario do Concello de Redondela, incluídas na oferta de emprego público de 2016, na cal se establece o seguinte:
“RESOLUCIÓN
O Alcalde ditou a resolución núm. 2017-1030, con data de 28/04/2017, pola que aprobaba a lista provisional de persoas admitidas na convocatoria para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario do Concello de Redondela e incluídas na oferta de emprego público de 2016, que se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) núm. 90, do 11 de maio de 2017.
O día 26 de maio de 2017 finalizou o prazo para poder emendar, no seu caso, os defectos que motivasen a exclusión ou para subsanar outra documentación non excluínte.
Tras non presentarse alegacións dentro do prazo establecido, é polo que, de conformidade coas bases da convocatoria que se aprobaron o 18/11/2016 e que foron publicadas no BOPP núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello e de acordo coas competencias que me asigna a lexislación local vixente

No hay comentarios:

Publicar un comentario