lunes, 12 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 12/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
12/06/2017
CONCELLO DE AGOLADA
EXPOSICIÓN PÚBLICA CONTA XERAL 2016
ANUNCIO de exposición ao público da Conta Xeral do Concello de Agolada correspondente ao exercicio de 2016.
Formulada e rendida a CONTA XERAL do exercicio de 2016, integrada polas contas e estados ós que fai referencia o artigo 209 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, e informada favorablemente o día 30/05/2017 pola Comisión informativa Especial de Contas, exponse ó público, cos documentos que a xustifican, polo prazo de quince días, durante os cales, e oito máis, os interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións que estimen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do citado texto legal e demais disposicións concordantes.

CONCELLO DE AS NEVES
APROBACIÓn DA CONTA XERAL 2016 EDICTO
Formulada e rendida a Conta Xeral do Orzamento deste Concello correspondente ó exercicio económico de 2016, e informada pola Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o día 2 de xuño de 2017, exponse ó público na Secretaría desta entidade cos documentos que a xustifican, por prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinada e formularse os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os oito seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario