viernes, 2 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 02/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
02/06/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
RECTIFICACIÓN DO SEGUNDO EXERCICIO DA CONVOCATORIA QUE APROBA O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL QUE INTEGRARÁ A BOLSA DE PERSOAL ADMINISTRATIVO DO ORAL
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
“Ó amparo do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, RESOLVO rectificar a Resolución Presidencial nº2017009896, publicada no BOP nº97, de 23 de maio de 2017, pola que se aproba a convocatoria da bolsa de emprego para postos de administrativo do ORAL, no senso que no ANEXO I no quinto apartado do primeiro punto, en relación co SEGUNDO EXERCICIO, onde di “ Posteriormente, as persoas aspirantes serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, en caso de imposibilidade, a persoa que designe ou un membro do tribunal e á resolución dunha serie de preguntas curtas no tempo proposto polo tribunal” , debe dicir, “ Posteriormente, as persoas aspirantes serán convocados polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, en caso de imposibilidade, a persoa que designe ou un membro do tribunal.”

CONCELLO DE VIGO
PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN E ACTUACIÓN EN MATERIA DE ACOSO PSICOLÓXICO NO TRABALLO NO CONCELLO DE VIGOANUNCIO
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 02 de marzo de 2017, adoptou acordo polo que se aproba o “Protocolo para a prevención e actuación en materia de acoso psicolóxico no traballo no Concello de Vigo”. Expediente administrativo 29389/220
En cumprimento do previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procédese á publicación do texto do mesmo que figura como anexo I de dito acordo:

CONCELLO DE CANGAS
CORRECCIÓN ERRO ANUNCIO BOP Nº 88 APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2017
Advertido erro no anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 88 de data do 09/05/2017 relativo á aprobación definitiva do Orzamento municipal para o exercicio 2017, no apartado de Cadro de Persoal, relación de persoal funcionario, escala de habilitación nacional publicase:
POSTO DE TRABALLO
GRUPO
NIVEL
Nº DE POSTOS
VACANTES
TESOUREIRO/A
A1
30
1
1
De conformidade ao disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corríxese o erro advertido no apartado de Cadro de Persoal, relación de persoal funcionario, escala de habilitación nacional quedando da seguinte forma:
POSTO DE TRABALLO
GRUPO
NIVEL
Nº DE POSTOS
VACANTES
TESOUREIRA
A1
30
1
0
Cangas, na data que figura na sinatura electrónica.—O Alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela.

CONCELLO DE O PORRIÑO
CORRECCIÓN DE ERROS NAS "BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE PROBAS SELECTIVAS PARA CUBRIR EN RÉXIME DE INTERINIDADE UNHA PRAZA VACANTE DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DO CONCELLO DO PORRIÑO (PONTEVEDRA), PUBLICADAS NO BOPPO Nº 246, DE 27-12-2016. ANUNCIO DE CORRECCIÓN DE ERROS
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 246, de 27 de decembro de 2016, publicáronse as "Bases reguladoras da convocatoria de probas selectivas para cubrir en réxime de interinidade unha praza vacante de auxiliar administrativo do Concello do Porriño (Pontevedra)".
De conformidade co artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, procede:
A corrección dos erros materiais advertidos no Anexo I. Temario das devanditas Bases, pasando o Tema 11 e o Tema 12 a ter a seguinte redacción:
— Tema 11.- A lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.. obxecto e ámbito subxectivo de aplicación. A publicidade activa. O dereito de acceso á información pública. Réxime de impugnacións.
— Tema 12.-A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Disposicións xerais. O municipio. territorio, poboación, organización e competencias. A provincia.. organización e competencias.
Publicar esta corrección de erros no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de edictos do Concello do Porriño e na páxina web www.porremprego.org, de forma complementaria.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario