martes, 27 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 27/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
27/06/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR CATRO POSTOS DE TRABALLO VACANTES NO CADRO DE PERSOAL LABORAL FIXO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2015
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de Persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
De conformidade co establecido no artigo 34.g da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril, así como a Lei 5/2015, de 30 de outubro, pola que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (TRLEBEP), RESOLVO aprobar a convocatoria para cubrir postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2015, que se rexerá polas seguintes Bases xerais e específicas:
I) BASES XERAIS
Primeira. Obxecto da convocatoria
Esta convocatoria ten por obxecto cubrir catro postos de traballo de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2015 de auxiliar de Xestión Tributaria e Información, clasificados no grupo C2, por quenda libre

CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2015RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2015
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de Persoal, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
De conformidade co establecido no artigo 34.g da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril, así como a Lei 5/2015, de 30 de outubro, pola que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (TRLEBEP), RESOLVO aprobar a convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2015, que se rexerá polas seguintes Bases xerais e específicas:
I) BASES XERAIS
Primeira. Obxecto da convocatoria
Esta convocatoria ten por obxecto cubrir varias prazas de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2015.
Segunda. Número e características das prazas convocadas
O número de prazas vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:
 Unha praza de técnica ou técnico de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica e integrada no grupo A1, por quenda libre
 Unha praza de técnica ou técnico medio de Contabilidade, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre
 Unha praza de auxiliar de Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar e integrada no grupo C2, por quenda libre

CONCELLO DE A ESTRADA
BASES DA CONVOCATORIA DUN POSTO DE CONDUTOR DE TRACTOR DESBROZADORA (PERSOAL LABORAL TEMPORAL) DEPENDENTE DO DEPARTAMENTO DE RURAL
Mediante acordo da XGL do día 5 de xuño de 2017, aprobáronse as bases para a provisión, polo sistema de oposición libre, dun posto de Condutor de tractor desbrozadora dependente do Departamento de Rural, en réxime laboral temporal.
BASES DA CONVOCATORIA DUN POSTO DE CONDUTOR DE TRACTOR DESBROZADORA (PERSOAL LABORAL TEMPORAL) DEPENDENTE
DO DEPARTAMENTO DE RURAL DO CONCELLO DA ESTRADA
Primeiro. Obxecto da convocatoria
O obxecto das presentes bases a contratación de un condutor para un tractor desbrozadora dependente do Departamento do Rural.
Segundo. Modalidade do contrato
A modalidade do contrato é por obra ou servizo, regulada no artigo 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.
O carácter do contrato é temporal, mentres dure a obra ou servizo polo que se contratou, e non pode superar en ningún caso os 3 anos de duración desde o seu inicio, ao abeiro da lexislación vixente.
As condicións serán as establecidas no convenio aplicable, o Convenio colectivo do Concello da Estrada. Fíxase unha retribución bruta mensual de 1.450,00 € € (inclúe as pagas extraordinarias).

No hay comentarios:

Publicar un comentario