lunes, 6 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 06/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
06/06/2016
CONCELLO DE  VIGO
CONTA XERAL DO CONCELLO DE VIGO E OS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS CORRESPONDENTE AO EXERCICIO DO 2015 EDITO
Formulada a Conta Xeral do Concello de Vigo, conformada pola conta da Entidade Local e os seus Orgamismos Autónomos Administrativos: Instituto Municipal dos Deportes, Parque das Ciencias Vigo Zoo, Escola Municipal de Artes e Oficios e Xerencia Municipal de Urbanismo, correspondente ao ano 2015, rendida por Resolución da Alcaldía Presidencia de data 11 de maio e ditaminada pola Comisión Especial de Contas en sesión celebrada o 27 de maio de 2016, exponse ao público cos documentos que a xustifican, por un espazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ao da inserción do presente edito no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, ao obxecto de que os interesados lexítimos poidan examiar a documentación e formular reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes durante o devandito prazo de exposición e os oito días seguintes, conforme ao que se preceptúa no artigo 212.3 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo

CONCELLO DE  MONDARIZ-BALNEARIO
EXPOSICIÓN CONTA XERAL 2015 ANUNCIO
Por medio do presente, e segundo o establecido no art. 212 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse o público, por espazo de quince días, a conta xeral do orzamento de 2015 para que durante este prazo e oito días máis, os interesados poidan presenta-las reclamacións, reparos ou observacións que estimen oportunas.

CONCELLO DE  MORAÑA
CONTA XERAL 2015 E D I C T O
En cumprimento de canto dispón o artigo 212.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas,Facenda e Patrimonio, na súa sesión do 26-05-2016; exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2015, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.

CONCELLO DE  SILLEDA
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2015
Unha vez rendida e dictaminada pola Comisión Especial de Contas a Conta Xeral para o exercicio 2015, na sesión celebrada o día 24 de maio de 2016, en cumprimento do disposto no artigo 212.3 do RDL 2/2004, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, expónse ao público na Secretaría deste Concello, polo prazo de 15 días, e oito máis (23), a contar dende o seguinte o da publicación no BOP de Pontevedra, a fin de que durante o mesmo poidan formularse reclamacións ou alegacións polos interesados lexítimos.

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR
BASES BOLSAS PRÁCTICAS OFICINA DE TURISMO
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE DÚAS BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS NA OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR.
1.-OBXECTO
É obxecto das presentes bases regular a convocatoria para a concesión de dúas bolsas para a realización de prácticas na oficina de información turística da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor para fomentar e mellorar o coñecemento sobre a información e comercialización turística, os servizos que se prestan ós usuarios e outras actividades propias da función que debe cumprir na oficina de información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario