16/06/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
BASES DA CONVOCATORIA PARA CUBRIR
INTERINAMENTE TRES POSTOS DE TRABALLO DE OPERARIO SUBALTERNO DE SERVIZOS. RESOLUCIÓN
PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das
competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
“De conformidade coa
proposta do Director do Museo de Pontevedra e en virtude do establecido no
artigo 34.g da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,
modificada pola Lei 11/99, de 21 de abril, e segundo a Resolución da
Presidencia, de 22 de xullo de 2015, pola que se delegan neste deputado as
competencias en materia de persoal, RESOLVO aprobar a presente convocatoria
para cubrir interinamente tres postos de traballo de operario subalterno de
servizos vacantes no cadro de persoal do Museo de Pontevedra, e que se rexerá
polas seguintes:
BASES DA
CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE DÚAS PRAZAS DE TÉCNICO INFORMÁTICO RESOLUCIÓN
PRESIDENCIAL
O
deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de
persoal, dita seguinte
RESOLUCIÓN:
“De
conformidade coa proposta do xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías e en virtude
do establecido no artigo 34.g da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases
do réxime local, modificada pola Lei 11/99, de 21 de abril, e segundo a
Resolución da Presidencia, de 22 de xullo de 2015, pola que se delegan neste
deputado as competencias en materia de persoal, RESOLVO aprobar esta convocatoria
para cubrir interinamente dúas prazas de técnico informático vacantes no cadro
de persoal funcionario, que se rexerá polas seguintes:
BASES DA
CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR DE
ADMINISTRACIÓN XERAL. RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O
deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de
persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
“De
conformidade coa proposta da xefa do Servizo de Cooperación e en virtude do
establecido no artigo 34.g da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do
réxime local, modificada pola Lei 11/99, de 21 de abril, e segundo a Resolución
da Presidencia, de 22 de xullo de 2015, pola que se delegan neste deputado as
competencias en materia de persoal, RESOLVO aprobar esta convocatoria para cubrir
interinamente dúas prazas de auxiliar de administración xeral asociados a dous
postos de traballo de auxiliar de servizos, adscritos ó Servizo de Cooperación
e con destino unha para o polígono de empresas Barro-Meis e outra para o
polígono de empresas de Lalín, vacantes no cadro de persoal funcionario, que se
rexerá polas seguintes:
BASES
REGULADORAS DO FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE EMPREGO. RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O
deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de
Recursos Humanos, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
Nas
bases reguladoras de todos os procesos selectivos convocados pola Deputación de
Pontevedra contémplase a creación dunha bolsa de emprego para cubrir as
posibles substitucións do funcionariado de carreira ou para contratacións
laborais temporais.
Para
a constitución e posta en funcionamento das bolsas de emprego que xurdan dos
distintos procesos selectivos será necesario aprobar unhas normas nas que se
desenvolva o procedemento que hai que seguir.
As
modalidades de vinculación que se aplicarán ás citadas bolsas de emprego serán
as seguintes:
— Para
a cobertura de postos reservados a persoal funcionario, o nomeamento previsto
nos artigos 23.2, apartados b, c e d, da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego
público de Galicia, e o artigo 10.1, apartados a, b, c e d, do Real decreto
lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do
Estatuto básico do empregado público.
— Para
a cobertura dos postos reservados a persoal laboral, as modalidades contractuais
previstas no Real decreto 2720/1998, de 18 de decembro.
Polo
exposto, RESOLVO constituír unha bolsa de emprego por cada unha das prazas
convocadas e regular a súa posta en funcionamento, que se levará a cabo
conforme ás seguintes normas:
CONCELLO DE A LAMA
EXPOSICIÓN CONTA XERAL 2015 ANUNCIO
En cumprimento do disposto
polo artigo 212.3 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais,
aprobado por real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi
debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, na súa sesión de data
30/05/2016, exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2015,
por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis, os que se estimen
interesados poderán presentar as reclamacións, os reparos ou observacións que
teñan por convenientes.
CONCELLO DE O ROSAL
CONVOCATORIA PRAZA OPERARIO DE SERVIZOS
VARIOS. ANUNCIO
Mediante resolución da
Alcaldía do día de hoxe acordouse aproba-las bases e a convocatoria para cubrir
unha praza de persoal laboral con carácter interino para a realización de
tarefas de OPERARIO DE SERVIZOS VARIOS, a xornada completa.
Pola presente ábrese un prazo de dez días naturais a partir do seguinte
ó da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial da
Provincia. As solicitudes dirixiranse ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello do
Rosal, e se presentarán no Rexistro de entrada deste concello ou ben mediante
calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de
novembro, no prazo indicado, que se computará dende o día seguinte ó da
publicación. As bases están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na
páxina www.concellodorosal.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario