lunes, 13 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 13/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
13/06/2016
CONCELLO DE  BAIONA
CONVOCATORIA PRAZA AUXILIAR ADMINISTRATIVO SERVIZOS SOCIAIS.
Aprobadas por resolución de alcadía de data 31/05/2016 as bases da convocatoria para a selección dun funcionario interino do posto auxiliar administrativo adscrito ao departamento de Servizos Sociais por substitución transitoria do titular de conformidade co disposto no artigo 10.1. do Texto refundido Estatuto Básico da función. Polo exposto procédese a publicación do anuncio para os efectos de que os interesados presenten as súas solicitudes no prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio e segundo o establecido nas bases da convocatoria publicadas íntegramente na paxina www.baion.org.


CONCELLO DE  CRECENTE
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO MUNICIPAL DO CONCELLO PARA O EXERCICIO 2016
Aprobado inicialmente polo pleno da Corporación na sesión ordinaria celebrada con data 1 de xuño de 2016, o Orzamento Municipal para o exercicio económico do ano 2016, o anexo de persoal para o devandito exercicio e as bases de execución, en cumprimento do disposto no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais e disposicións concordantes, expónse ó público na Secretaría deste Concello, polo prazo de 15 días hábiles que empezarán a contar dende o seguinte ó de inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo podan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.
No caso de non se presentar reclamacións no citado prazo, o Orzamento entenderase aprobado definitivamente. O que se fai público para xeral coñecemento.

CONCELLO DE  MONDARIZ
APROBACIÓN DEFINITIVA REGULAMENTO PROTECCIÓN CIVIL
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automáticamente elevado a definitivo o acordo plenario inicial aprobatorio do Regulamento de Protección Civil cuxo texto íntegro faise público para xeral coñecemento e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local.
Contra o presente acordo pode interponerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede en A Coruña, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei Reguladora da Xurisdicción Contencioso Administrativa.

CONCELLO DE  O PORRIÑO
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DO EXERCICIO DE 2015
Informada pola Comisión Especial de Contas o día 31 de maio do corrente a Conta Xeral deste Concello do Porriño correspondente ao ano 2015, e cumprindo o establecido no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a citada Conta Xeral, exponse ao público polo prazo de quince días, durante os cuais e oito máis as persoas interesadas poderán presentar reclamacións reparos ou observacións.


CONCELLO DE  SANXENXO
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2016 EDICTO
Aprobado inicialmente por acordo da Xunta de goberno local, en sesión ordinaria celebrada o día 3 de xuño de 2016, o orzamento xeral do Concello de Sanxenxo para o ano 2016 e o cadro de persoal, de acordo ao disposto no artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, de facendas locais, expóñense ao público polo prazo de 15 días, no negociado da intervención xeral do Concello, a fin de que os interesados podan examinalos e presentar reclamacións perante a Xunta de goberno local. O orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o mencionado prazo non se producisen reclamacións; en caso contrario, a Xunta de goberno local disporá de un mes para resolvelas.
O prazo contarase a partir do día seguinte ao da inserción do anuncio de información pública no B.O.P.
Son interesados os referidos no artigo 170.1 do citado Real decreto.As reclamacións deberán suxeitarse ao disposto no artigo 170.2.

No hay comentarios:

Publicar un comentario