miércoles, 8 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 08/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
08/06/2016
CONCELLO DE  VIGO
CONVOCATORIA AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2ª ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA, DO CONCELLO DE VIGO – CURSO 2016-2017
EXTRACTO DE LA CONVOCATORIA DE LAS AYUDAS MUNICIPALES DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR Y COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PUBLICOS Y PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACION INFANTIL (2ª ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA Y SECUNDARIA, DEL AYUNTAMIENTO DE VIGO-CURSO 2016-2017

CONCELLO DE  LALÍN
APROBACIÓN PROVISIONAL DO PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO DO CONCELLO 2016-2017
O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 26 de maio de 2016, aprobou o Plan Económico Financeiro do Concello de Lalín para os exercicios económicos de 2016-2017. Dacordo co disposto nos artigos 23.4 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira e de conformidade co disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 , de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, ábrese un período de exposición ó público de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
De non presentarse reclamacións durante o devandito prazo, o Plan Económico Financeiro considerarase definitivamente aprobado.

MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DOS VALES DO ULLA E UMIA
CONTA XERAL 2015 E D I C T O
En cumprimento de canto dispón o artigo 212.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, na súa sesión do 30-05-2016; exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2015, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario