jueves, 23 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 23/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
23/06/2016
CONCELLO DE  PONTEVEDRA
LICITACIÓN DO CONTRATO DO SERVIZO DO SEGURO DE ACCIDENTES COLECTIVO DO PERSOAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA E OS SEUS ENTES DEPENDENTES.
1.—Entidade adxudicadora:
Concello de Pontevedra. Rúa Michelena núm. 30, 36071 Pontevedra. Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Local.
2.—Obxecto:
A prestación do servizo do seguro de accidentes colectivo do persoal do Concello de Pontevedra e os seus entes dependentes.
3.—Procedemento e forma:
Aberto. Criterios de adxudicación segundo o Anexo II ao PCAP.
4.—Valor estimado:
39.560,00 € (inclúe o da posible prórroga e modificacións previstas).

CONCELLO DE  CALDAS DE REIS
LICITACIÓN CONTRATO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ALLEO
ANUNCIO DE LICITACIÓN
De conformidade coa Resolución da Alcaldía de data 8 xuño de 2016, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria por procedemento aberto, único criterio de adxudicación e trámite ordinario do SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ALLEO, NAS ESPECIALIDADES DE SEGURIDADE NO TRABALLO, HIXIENE INDUSTRIAL, ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA APLICADA E MEDICINA DO TRABALLO, conforme aos seguintes datos:

CONCELLO DE  MARÍN
EXCLUSIÓN PROVISIONAL ASPIRANTE NO PROCESO SELECTIVO POLICÍA LOCAL
RESOLUCIÓN DE A LCALDÍA
Sra. Alcaldesa – Presidenta —D.ª María Ramallo Vázquez
Expte: 122/2014
EXCLUSIÓN DE ASPIRANTE NO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE DE DUAS PRAZAS DE POLICÍAS LOCAIS POLA QUENDA DE MOBILIDADE HORIZONTAL PARA O CORPO DA POLICÍA LOCAL DE MARIN.
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 62, do 31 de marzo de 2014, foron publicadas as BASES DA CONVOCATORIA PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE POR FUNCIONARIOS DE CARREIRA DE TRES (3) PRAZAS DE POLICÍA PARA O CORPO DA POLICÍA LOCAL DE MARIN, correspondente a Oferta de Emprego Público de 2013, sendo publicado anuncio da convocatoria no BOE de 02/06/2014. Das devanditas prazas, dúas (2) delas serán cubertas pola quenda de mobilidade horizontal é unha (1) pola quenda libre.
Na Base Terceira da referida convocatoria, establécese o seguinte:
«TERCEIRO. —REQUISITOS DOS ASPIRANTES
(….)
2. —Quenda de mobilidade: Os aspirantes deberán posuir, no día en que remate o prazo para a presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
a) (….)
b) Ter unha antigüidade mínima de cinco (5) anos na categoría de policía local (….).»
O Tribunal Cualificador do citado proceso selectivo, en sesión celebrada o 06/06/2016, decidiu solicitar á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior a expedición de certificado relativo aos datos incorporados ao Rexistro de Policias Locais de Galicia. Emitido dito certificado en data 08/06/2016, do mesmo dedúcese que a aspirante Dª. María Jesús Paz Bugallo, foi nomeada e tomou posesión como funcionaria de carreira o día 20/07/2010, polo que, no día en que rematou o prazo para a presentación de solicitudes, o 22/06/2014, tiña unha antigüedade inferior á mínima esixida nas bases da convocatoria.
Deste xeito, unha vez verificada a falta de cumprimento do requisito da antigüidade mínima de cinco (5) anos na categoría de policía local, á vista do certificado expedido o 08/06/2016 pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, o Tribunal propuxo a exclusión da citada candidata, polo que, esta Alcaldía
RESOLVE:
PRIMEIRO.—EXCLUIR PROVISIONALMENTE do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de DUAS PRAZAS de POLICÍA LOCAL, pola quenda de MOBILIDADE HORIZONTAL, mediante CONCURSO DE MÉRITOS, á aspirante Dª. MARÍA JESUS PAZ BUGALLO, por non posuir, no día en que rematou o prazo para a presentación de solicitudes, a antigüedade mínima de 5 anos como funcionaria de carreira na categoría de policía local, esixida na Base Terceira da convocatoria.
SEGUNDO.—Ordear a publicación desta resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
TERCEIRO.—Conceder trámite de AUDIENCIA á aspirante excluida, para que, durante o prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, poida consultar o expediente e efectuar as alegacións que estime oportunas.
Rematado dito prazo e a vista das alegacións realizadas acordarase a súa admisión ou exclusión definitiva ao proceso selectivo. No caso de non formular alegacións a aspirante resultará definitivamente excluida.


APROBACIÓN PROVISIONAL DAS MODIFICACIÓNS DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO:ANUNCIO
O Pleno do Concello de Marín na súa sesión ordinaria de 8 de XUÑO de 2016 acordou aprobar provisionalmente as seguintes modificacións da Relación de Postos de Traballo do Concello:
— Modificar o contido do posto de Técnico de Administración Especial adscrito a Servizos Sociáis, e vacante na plantilla, de xeito que o mesmo pasará a ser Técnico de Administración Xeral, pertencente a Escala de Administración Xeral, Subescala Técnica, Grupo A, subgrupo A1, sendo o seu nivel de CD 24 e o seu Complemento específico de 6.017,34 € anuáis, o cal pasará a estar adscrito ao servizo de Secretaría.
— Modificar o posto de Administrativo –Recadación adscrito Tesourería, e vacante na plantilla municipal, de xeito que o mesmo pasará a ser Técnico de Xestión Administración Xeral, pertencente á Escala de Administración Xeral, Subescala de Xestión, Grupo A, Subgrupo A2, sendo o seu nivel de CD 22 e o seu Complemento específico de 4.852,54 € anuáis. Esta modificación supón un incremento anual nas retribucións totáis consignadas con anterioridade á modificación do posto en 2.041,31 €.
— Modificar o posto de Garda conserxe adscrito ao servizo de Colexios Públicos, e vacante na plantilla municipal por xubilación do seu titular, de xeito que o mesmo pasará a denominarse Conserxe adscrito ao Servizo de Colexios Públicos, pertencente á Escala de Administración Especial, subescala de servicios especiáis, persoal de oficios, Grupo C, Subgrupo C2, nivel 16, sendo o seu Complemento específico de 3.589,46 € anuáis.
— Modificar o posto de conserxe adscrito ao servizo de cultura, pertencente a Escala de Administración Xeral subescala Subalterna, Agrupacións Profesionáis, nivel de CD 14 e sendo o seu complemento específico de 4.107,04 € anuáis, o cal pasará a adscribirse ao servizo de mantemento edificios públicos. Este posto se destinará, de xeito preferente, á segunda actividade do persoal funcionario do Concello.
Dito acordo sométese a informacion pública polo prazo de 20 días, de acordo co establecido no artigo 202.2 da Lei 2/2015 de Emprego Público de Galicia, durante os cales poderanse presentar reclamacións. Transcorrido dito prazo sen producirse reclamacións quedará definitivamente aprobado o acordo. No caso de presentarse reclamacións o Pleno resolverá as mesmas elevando, no seu caso, o acordo a definitivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario