lunes, 27 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 27/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
27/06/2016
CONCELLO DE  PONTEVEDRA
BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE ENXEÑEIRO INFORMÁTICO  ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 13 de xuño de 2016, aprobou as bases reguladoras das listas de reserva para a provisión interina de prazas de enxeñeiro informático no Concello de Pontevedra, cuxo texto literal é o seguinte:
“BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN
DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE ENXEÑEIRO INFORMÁTICO

BASES PROCESO SELECTIVO PARA A CONFIGURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA (LISTA B) PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE ENXEÑEIRO TÉCNICO DE OBRAS PÚBLICAS ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 13 de xuño de 2016, aprobou as bases reguladoras das listas de reserva para a provisión interina de prazas de enxeñeiro técnico de obras públicas no Concello de Pontevedra, cuxo texto literal é o seguinte:
“BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFIGURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA (LISTA B) PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE ENXEÑEIRO TÉCNICO DE OBRAS PÚBLICAS, ENCADRADAS NO GRUPO A, SUBGRUPO A-2.

CONCELLO DE  COTOBADE
INFORMACIÓN PÚBLICA CONTA XERAL 2015 A N U N C I O
Formulada e rendida a Conta Xeral do Concello de Cotobade correspondente ó exercicio económico do ano 2015, e ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesión ordinaria celebrada en data 20 de xuño de 2016 , exponse ó público cos documentos que a xustifican na Intervención deste Concello, por un prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de que os interesados poidan examinala e presentar as reclamacións, reparos ou observacións que se estimen pertinentes durante dito prazo de exposición e os oito seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais.

CONCELLO DE  GONDOMAR
BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS TEMPORAIS COMO PROFESOR/A DE PIANO
Primeira.—Obxecto da Convocatoria
Ten por obxeto a elaboración dunha BOLSA DE TRABALLO PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS TEMPORAIS COMO PROFESOR/A DE PIANO, mediante o sistema de concurso-oposición:

CONCELLO DE  PONTECESURES
ANUNCIO SOBRE DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS ANUNCIO
O Pleno do Concello, na sesión celebrada o 30-05-2016, acordou que o cargo de Alcaldía teña unha dedicación parcial mínima de cinco (5) horas diarias e unha asignación bruta mensual de 1.300,00 euros, e o do 1º Tenente de Alcalde teña dedicación total e unha asignación bruta mensual de 1.500,00 euros, distribuídas en 14 pagas anuais (12 mensualidades e 2 pagas extraordinarias) por igual importe.
O que se fai publica para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 75.5 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

RENDICIÓN DA CONTA XERAL DO EXERCICIO ORZAMENTARIO 2015
A N U N C I O
Formulada e rendida a Conta Xeral do exercicio orzamentario 2015, e informada pola Comisión de Contas, Patrimonio e Contratación, exponse ó público por espazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia, ó obxecto de que os interesados poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que estimen pertinentes, durante o prazo de exposición e os oitos días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril e 212.3 do R.D. Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario