viernes, 17 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 17/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
17/06/2016
CONCELLO DE AGOLADA
INFORMACIÓN PÚBLICA CONTA XERAL 2015
No cumprimento de canto dispone no artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, se expoñe ó público a Conta Xeral correspondente ó exercicio 2015, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quenes se estimen interesados podrán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenintes.

CONCELLO DE BUEU
CONVOCATORIA BASES DO PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA CUBRIR EN RÉXIME DE INTERINIDADE UNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO DE ADMINISTRACIÓN XERAL. ANUNCIO
CONVOCATORIA E PUBLICACIÓN DAS BASES DO PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA CUBRIR, EN RÉXIME DE INTERINIDADE, UNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO DE ADMINISTRACIÓN XERAL COA CATEGORÍA DE XEFE DE NEGOCIADO DO DEPARTAMENTO DE SECRETARIA DO CONCELLO DE BUEU (QUENDA LIBRE)
Mediante resolución de alcaldía núm. 348/2016 de 30 de maio de 2016 convocouse procedemento selectivo para cubrir, en réxime de interinidade, unha praza de administrativo de administración xeral, grupo C, subgrupo C1, coa categoría de xefe de negociado do departamento de secretaria do concello de Bueu (quenda libre) de acordo coas bases que de seguido se relacionan:

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN
 OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ANUNCIO
Mediante resolución da Alcaldía deste Concello, de data 2 de xuño de 2016, aprobouse a Oferta de Emprego Público correspondente ás prazas que a continuación se sinalan para o ano 2016, en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70 do Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro:
PERSOAL LABORAL FIXO:
— Denominación: Traballador/a Social. Nº de vacantes: 1. Nivel de titulación: Diplomado/a.
— Denominación: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local. Nº de vacantes: 1. Nivel de titulación: Diplomado/a.
— Denominación: Auxiliar de Intervención. Nº de vacantes: 1. Nivel de titulación: Graduado Escolar ou equivalente.
— Denominación: Coordinador/a de Información Xeral. Nº de vacantes: 1. Nivel de titulación: Certificado de escolaridade – estudos primarios.
— Denominación: Operario de Servizos Múltiples. Nº de vacantes: 1. Nivel de titulación: Certificado de escolaridade – estudos primarios.

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS
EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DA CONTA XERAL DO ORZAMENTO EXERCICIO 2015
Formulada e rendida a Conta Xeral do Orzamento da Mancomunidade do Salnés correspondente ao exercicio económico do 2015, e informada pola Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o día 2 de xuño de 2016; exponse ao público na Secretaría da Mancomunidade cos documentos que as xustifican, por prazo de quince dias hábiles, contados a partir do seguinte o da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que poida ser examinada e formularse os reparos e observacións que se estimen pertinentes durante o dito prazo de exposición e os oito días seguintes, de conformidade co disposto no art. 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2014, do 5 do marzo, do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario