martes, 14 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 14/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
14/06/2016
CONCELLO DE  VIGO
MODIFICACIÓN RPT POSTOS PERSOAL EVENTUAL ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o día 29/04/2016, adoptou acordo de modificación puntual da vixente Relación de Postos de Traballo do Concello de Vigo (BOP Nº 220, do martes 16 de novembro de 2010) -Postos de Persoal eventual (expedientes nº 27612/220), que foi obxecto de publicación no BOP o día 16/05/2016.
Finalizado o período de exposición pública de 20 días para presentación de reclamacións, o Secretario do Goberno Local en data 10 de xuño de 2016, expide certificación conforme non se formulou ningunha alegación.
Por tanto, e en cumprimento do preceptuado no artigo 202.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, faise público o seguinte acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de data 29/04/2016 (Expte.: 27612-220):
“Primeiro.—Modificar puntualmente a vixente Relación de Postos de Traballo do Concello de Vigo (BOP nº 220, do martes 16 de novembro do 2010 e rectificacións publicadas no BOP de 26/03/2012, 12/01/2012, 23/05/2012, 03/08/201218/09/2012, 27/02/2013 e, 08/05/2013, aos efectos de adecuar a mesma ao Cadro de Persoal para o presente ano 2016 aprobado polo Pleno da Corporación na súa sesión de 09/12/2015, no seguinte senso:
1.—Creación de dous postos de “Asesor/a Alcaldía eventual”, Cód. Retributivo 904, cunhas retribucións para o ano 2016, de 30.380,84€ anuais en 14 mensualidades, no Gabinete da Alcaldía, cód. 101.
2.—Amortización dun posto de “Auxiliar Alcaldía eventual”, Cód. Retributivo 902, cunhas retribucións para o ano 2016, de 21.710,08€ en 14 mensualidades, no Gabinete da Alcaldía, cód. 101.
3.—Redenominación dun posto de “Auxiliar eventual valedor”, Cód. Retributivo 911, nun posto de “Auxiliar Alcaldía Eventual”, cód. 902, cunhas retribucións para o ano 2016, de 21.710,08€ en 14 mensualidades, no Gabinete da Alcaldía, cód. 101.
Segundo.—Notificar o presente acordo ao Gabinete da Alcaldía, Intervención Xeral, Servizo de Recursos Humanos, Planificación e Organización e, Comité de Persoal, aos efectos oportunos.
Terceiro.—Acordar o sometemento a información pública por un prazo de 20 días do presente expediente de modificación puntual da RPT, en cumprimento do disposto no artigo 202 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, transcorrido o cal a aprobación se elevará a definitiva de non se formularse reclamacións, despregando efectos económicos e administrativos o presente acordo unha vez remate o período indicado."

CONCELLO DE  FORNELOS DE MONTES
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DA CONTA XERAL 2015.
Formulada e rendida a Conta Xeral do Concello de Fornelos de Montes, correspondente ó exercicio económico de 2015 e informada pola Comisión de Contas, exponse ó público cos documentos que a xustifican, na Intervención de Fondos Municipais deste Concello, por espacio de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción do presente edito no "Boletín Oficial" da provincia, para os efectos de que os interesados lexítimos poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que estimen pertinentes, durante o devandito prazo de exposición e os oito días seguintes, consonte o que preceptúa o artigo 212.3 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

CONCELLO DE  PONTEAREAS
MODIFICACIÓN PLANTILLA PRAZAS ELECTRICISTA E OUTROS
A Corporación Municipal en sesión celebrada o 18 de maio de 2016,acordou:
1. – Aprobar inicialmente a modificación da plantilla consistente na amortización das prazas vacantes por xubilación que se insiren a continuación:
PRAZAS CORRESPONDENTES A FUNCIONARIOS
TIPO DE POSTO
SITUA-CIÓN
NÚMERO PRAZA
POSTO DE TRABALLO
GRUPO
NIVEL
CD
RETRIBU-CIÓNS BÁSICAS
RETRIBU-CIÓNS COM-PLEMEN-TARIAS
PRODUC-TIVIDADE
SEGURI-DADE SOCIAL
CUSTO
ANUAL
F
V
42
ELECTRICISTA
C2
12
11.495,82
3. 677, 52
3.829,05
5.947, 75
24.950, 14
F
V
44
ENCARG. PARQ
AP
12
9.851,38
6. 066, 90
5.368,31
6.662, 70
27.949, 29
F
V
47
ALBANEL
AP
10
9.851,38
3. 042, 90
1.237,69
4.423, 31
18.555, 28
F
V
79
OFICIAL
VÍAS E OBRAS
C2
12
11.748,60
4. 301, 28
0,00
5.0 23,61
21.073, 49
TOTAL … …
92.528, 20
PRAZAS DE PERSOAL LABORAL
PRAZA
SITUACIÓN
NÚMERO PRAZA
CATEGORÍA
GRUPO CONVENIO
XORNADA
RETRI-BUCIÓNS
SEGURI-DADE SOCIAL
CUSTE ANUAL
LF
V
3. 01. 05
CONT-
ENTREVIS-TADOR
3
100, 00
13.760, 44
4.472, 14
18.232, 58
LF
V
1. 01. 06
AUX. ADVO.
4
100, 00
17.211, 42
5.593, 71
22.805, 13
TOTAL … …
41.037, 71
2-Someter o expediente de modificación da plantilla a información pública por 15 días hábiles, mediante publicación de anuncio no BOP, para a consulta do expediente e a presentación de reclamacións polos interesados. No caso de non presentarse reclamacións, os acordos aprobatorios iniciais se considerarán definitivos sen necesidade de un novo acordo plenario.


MODIFICACIÓN PLANTILLA PRAZA TÉCNICO INTERVENCIÓN
A Corporación Municipal en sesión celebrada o 18-05-2016 acordou:
1. –Aprobar inicialmente a modificación do cadro de persoal/plantilla do seguinte xeito:
— Amortización da praza de persoal laboral 01. 01. 36 Oficial 3ª Oficios Varios.
Modificación da praza nº 78 de Técnico de Intervención, tanto nos requisitos de acceso como das retribucións complementarias, quedando coas seguintes características:
TIPO POSTO
SITUA-CIÓN
NÚMERO PRAZA
POSTO
TRABALLO
GRUPO
NIVEL
CD
ESCALA
SUBES-CALA
XOR-NADA
TIPO POSTO
FORMA PRO-VISIÓN
TITULA-CIÓN ACADÉ-MICA
CONCE-LLERÍA
DEPAR-TAMENTO ORGANI-ZATIVO
C. ESPE-CÍFICO ANUAL
RETRI-BUCIÓNS ANUAIS
SS
ANUAL (ESTI-MACIÓN MEDIA)
CUSTO ANUAL
F
V
78
TÉCNICO
INTER-VENCIÓN
A2
25
ADMINIS-TRACIÓN
XERAL
TÉCNICA
100
N
C
15
FACENDA
INTER-VENCIÓN
15.172,64
36.967,62
11.570,87
48.538,49
2. –Someter o expediente a información pública por 15 días hábiles, mediante publicación de anuncio no BOP, para a consulta do expediente e a presentación de reclamacións polos interesados. No caso de non presentarse reclamacións, os acordos aprobatorios iniciais, se considerarán definitivos sen necesidade de un novo acordo plenario.
3. –O presente acordo determina unha readscripción dos créditos orzamentarios entre os programas de gasto correspondentes a praza que se reconfigura (Nº 78 Técnico de Intervención) e a praza que se amortiza (Nª 1. 01. 36 Oficial 3ª Oficios Varios).

CONCELLO DE  VILA DE CRUCES
MODIFICACIÓN PLANTILLA DE PERSOAL DO EXERCICIO 2016
Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 30 de maio de 2016, a modificación da plantilla de persoal do exercicio 2016, mediante a creación da seguinte praza:
• Escala: administración especial
• Denominación: Técnico Medio de Urbanismo
• Subescala: servizos especiais
• Grupo: A2
• Nivel: 22
• Número: 1
• Vacantes: 1
Exponse ao público no Departamento de Secretaría deste Concello, polo prazo de quince (15) días hábiles, que comezarán a contarse dende o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo, se poidan presentar reclamacións ou suxerencias que se estimen oportunas. En caso de non haber reclamacións considerarase aprobada definitivamente.

CONCELLO DE  VILAGARCÍA DE AROUSA
CONVOCATORIA SELECCIÓN DE PERSOAL DOCENTE EN DIFERENTES ESPECIALIDADES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA O CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MUSICA
SELECCIÓN DE PERSOAL DOCENTE (PROFESORADO) PARA O CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VILAGARCÍA DE AROUSA
A Xunta de Goberno Local en sesión do 2 de maio de 2016 acordou aprobar a formación dunha bolsa de traballo de persoal docente para o Conservatorio Profesional de Música deste Concello.
O obxecto da convocatoria é a selección mediante o sistema de concurso-oposición de persoal docente en diferentes especialidades para formar unha bolsa de traballo e o seu nomeamento como funcionarios interinos de selo caso, para poder atender as necesidades de persoal que poidan xurdir no periodo de vixencia da mesma.
O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais contando a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. As instancias/solicitudes dirixiranse ao Sr. Alcalce-Presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa.
As bases poderán ser examinadas polos interesados, no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web do Concello de Vilagarcía: www.vilagarcia.es.
O que se fai público para xeral coñecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario