miércoles, 22 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 22/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
22/06/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
RP NOMEANDO REPRESENTANTES DESTA DEPUTACIÓN NOS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL–GDRS
A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dita a seguinte
R E S O L U C I Ó N
Esta Deputación integrouse, mediante acordo da Xunta de Goberno de 2 de xullo de 2008, como sector público nos seis GDRs da provincia de Pontevedra, designándose así mesmo representantes en cada un deles,
Resultando que os GDRs son os responsables da elaboración e execución do Programa de Desenvolvemento Rural, entidades colaboradoras da xestión do Programa Leader,
Resultando que no Axexo I da Resolución de 11 de febreiro de 2016 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (DOG nº 46, 2 de marzo de 2016), pola que se aproban as Bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local para a selección e recoñecemento dos Grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia, establécese o ámbito territorial dos cinco GDRs da provincia (GDRs 13 a 17),
Por razóns de urxencia e no uso das miñas atribucións,
R E S O L V O,
Designar como novos representantes desta Deputación en cada un dos cinco Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) da provincia de Pontevedra ós seguintes Deputados/as:
— GDR-13 Condado – Paradanta: Dona Digna Rosa Rivas Gómez.
— GDR-14 Baixo Miño: D. Uxío Benítez Fernández.
— GDR-15 Pontevedra – Morrazo: D. Xosé Leal Fariña.
— GDR-16 Deza: D. Santos Héctor Rodríguez Díaz.
— GDR-17 Salnés – Ulla – Umia: D. Francisco Javier Dios Pomares.
Quedan sen efecto as Resolucións Presidenciais que se opoñan ou contradigan a presente.

CONCELLO DE  SALCEDA DE CASELAS
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2016 E PLANTILLA DE PERSOAL
En data de 9 de xuño de 2016 aprobouse inicialmente pola Xunta de Goberno Local do Concello o Orzamento para o ano 2016 e a plantilla de persoal para dito exercicio. En cumprimento do artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais (TRLRFL), exponse o expediente ao público na Intervención do Concello, polo prazo de 15 días hábiles, que comezará a contar dende o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no BOP, a fin de que durante o indicado prazo poidan formularse as reclamacións ou alegacións que se consideren pertinentes conforme establece o artigo 170 do TRLRFL.

No hay comentarios:

Publicar un comentario