miércoles, 15 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 15/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
15/06/2016
CONCELLO DE  MONDARIZ
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2016 ANUNCIO
Ó non presentarse reclamacións durante o período de exposición pública contra a  aprobación inicial do Orzamento Xeral do Concello de Mondariz, correspondente ó exercicio  2016, considérase definitivamente aprobado, elevándose a definitivo o acordo plenario  adoptado na sesión extraordinaria celebrada o día 07 de abril de 2016. En cumprimento do  disposto polo artigo 169.3 do T.R. da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por  Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzo, fase público que o orzamento municipal para  2013 ascende en gastos e ingresos a dous millóns catro centos trinta e catro mil setecentos
cincuenta euros (2.434.750,00 €), asignándose a cada capítulo as seguintes cantidades:


ENTIDADE LOCAL MENOR DE SAN JUAN DE CHENLO (O PORRIÑO)
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DA CONTA XERAL DO EXERCIZO 2015.
Formada a Conta Xeral desta Entidade Local Menor de Chenlo (O Porriño) correspondente ao exercizo orzamentario de 2015 e informada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, na súa reunión de 31 de maio de 2016, estará exposta ao público nesta Entidade durante o prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación desta anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que durante o citado prazo e oito días máis, tamén hábiles, os interesados poidan presentar contra ela as reclamacións, reparos ou observacións que consideren oportunas, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

ENTIDADE LOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA (CALDAS DE REIS)
EXPOSICIÓN PÚBLICA CONTA XERAL 2015
En cumprimento de canto dispón o artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao ejercicio 2015, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis os que se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario