martes, 7 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 07/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
07/06/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
ACORDO MARCO QUE REXERÁ A PRESTACIÓN DO SERVIZO PARA A IMPLANTACIÓN, USO E SOPORTE DUNHA SOLUCIÓN DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA PARA CONCELLOS
ANUNCIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA RELATIVO Á CONTRATACIÓN DUN ACORDO MARCO QUE REXERÁ A PRESTACIÓN DO SERVIZO PARA A IMPLANTACIÓN, USO E SOPORTE DUNHA SOLUCIÓN DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA PARA CONCELLOS


CONCELLO DE  A GUARDA
BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE PERSOAL PARA A OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DA GUARDA
BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE PERSOAL PARA A OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DA GUARDA Ó ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONVOCADA POLA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA POR RESOLUCIÓN DE 29 DE MARZO DE 2016.
BASE 1ª.—Contratación laboral temporal dunha praza de persoal para a Oficina de información turística do Concello da Guarda, cunha duración dende a sinatura do contrato ata o 15 de setembro de 2016, cunha xornada de 40 horas semanais, de luns a domingo, co horario que determine a Concellería de Turismo do Concello de A Guarda
Obxecto do contrato: as funcións a desenvolver consistirán en proporcionar ós turistas e viaxeiros que o soliciten información no referente a aloxamento, transporte, gastronomía, etc, sendo a modalidade de contratación a de obra ou servizo determinado.
Retribucións: 1.358,03 euros mensuais brutos incluída a prorrata de pagas extras.
A forma de selección será a de oposición libre.

CONCELLO DE  MOAÑA
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN DINAMIZADOR/A DO PLAN DE INCLUSIÓN DIXITAL 2016
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 23.05.2016, aprobou as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun dinamizador/a do Plan de inclusión dixital mediante o sistema de concurso oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de dez días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodemoana.org).

No hay comentarios:

Publicar un comentario