viernes, 3 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 03/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
03/06/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
SEGUNDA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESES A MUNICIPIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DURANTE O ANO 2016
EXTRACTO DO ACORDO NÚM. 16.24432 DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, ADOPTADO NA SESIÓN ORDINARIA DO DÍA 20 DE MAIO DE 2016, NO QUE SE APROBA A SEGUNDA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESES A MUNICIPIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DURANTE O ANO 2016 BDNS(Identif.):307977
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Mediante acordo núm. 16.24432 da xunta de goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, adoptado na sesión ordinaria do día 20 de maio 2016, aprobouse unha segunda convocatoria para a concesión de préstamos sen intereses a municipios da provincia de Pontevedra durante o ano 2016 con suxeición ás bases aprobadas mediante acordo núm. 11.24125 da xunta de goberno, publicadas e dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 53, de 17 de marzo de 2016.

CONCELLO DE  CALDAS DE REIS
CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE TURISMO PARA TRABALLAR NOS MESES DE VERÁN NA OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS
De conformidade co disposto por Resolución da Alcaldía de data23 de maio de 2016, fanse públicas as BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE 1 BOLSA PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, e se procede á súa convocatoria:
Primeira-Obxecto
Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, UNHA (1) BOLSA PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO, destinada a diplomados, graduados e técnicos superiores de turismo, coa finalidade de promover e completar a súa formación na Oficina de Turismo Municipal durante a tempada de verán do ano 2016.

CONCELLO DE  COTOBADE
INFORMACIÓN PÚBLICA PLAN ECONÓMICO FINANCIEIRO
ANUNCIO
O Concello de Cotobade en sesión ordinaria de data de 26 de maio de 2016 adoptou o acordo de aprobación do plan económico financieiro para os exercicios 2016 e 2017.
En cumprimento do previsto nos artigos 23.4 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financieira e artigo 26 do Real Decreto 1463/2007, de 2 de novembro , polo que se aproba o regulamento de desarrollo da Lei 18/2001, de 12 de decembro , de Estabilidade Orzamentaria , sometese a información pública con publicación no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra con finalidad exclusivamente informativa.
Tamen a efectos exclusivamente informativos, unha copia do plan económico financieiro estará a diposicion do público dende a súa aprobación polo Pleno ata a finalización da vixencia do plan.
O que fai público para xeral coñecemento.

CONCELLO DE  FORCAREI
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN INTERINA DUNHA (1) PRAZA DE TRABALLADORA SOCIAL
O obxecto da interinidade é a cobertura da praza de persoal laboral dun/ha traballador/a social mentres dure a situación de baixa por incapacidade temporal da súa titular.
Lugar e prazo de presentación de instancias: No Rexistro Xeral do Concello de Forcarei, no prazo de 7 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Pontevedra.
Requisitos: Os establecidos nas bases de convocatoria.
Sistema de selección: Concurso-oposición, segundo o establecido nas bases que se encontran a disposición na Secretaría do Concello e na web www.forcarei.net.

CONCELLO DE  O ROSAL
BASES E CONVOCATORIA BOLSA DE TURISMO
BASES XERAIS E CONVOCATORIA PÚBLICA DUNHA BOLSA DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN NAS OFICINAS DE TURISMO DO CONCELLO DO ROSAL
PRIMEIRA.—OBXECTO
Esta convocatoria ten por obxecto a concesión dunha bolsa de colaboración, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de prácticas nas oficinas de turismo do Concello do Rosal, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 2016.
SEGUNDA.—BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios destas bolsas de colaboración aquelas persoas físicas que, tendo capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
b) Estar en posesión do título de Graduado ou Diplomado en Turismo, Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou Técnico Superior en Información e Comercialización Turística, na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
c) Non ter cumpridos 31 anos de idade na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
d) Posuir a capacidade funcional necesaria para o desenvolvemento da bolsa á que opta.
e) Acreditar o coñecemento de lingua galega, nivel Celga IV.
f) Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino.
g) Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario