miércoles, 1 de junio de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 01/06/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
01/06/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
RECTIFICACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA DE NOMEAMENTO INTERINO DE DIVERSO PERSOAL PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL "ACTUALIZACIÓN DA PÁXINA WEB E INCLUSIÓN DE SOCIAL MEDIA"
Vistas as reclamacións presentadas contra a Resolución Presidencial de 19 de maio de 2016, pola que se convocan varios procesos selectivos para nomeamentos interinos por execución do programa de carácter temporal denominado “Actualización da páxina web e inclusión de social media” ( publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 99, de data 25 de maio de 2016), con respecto á titulación esixida para acceder ós postos de técnico en relacións públicas (community manager) e técnico en documentación, por Resolución Presidencial de data 30 de maio de 2016 procédese a rectificación da base específica segunda destes dous procesos selectivos, quedando redactados nos seguintes termos:
— Base específica segunda do posto de técnico de relacións públicas (comunity manager):
“Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das bases xerais os aspirantes deberán posuír o título de Licenciatura ou Grao en publicidade e relacións públicas, Licenciatura/Grao en Xornalismo ou Licenciatura/Grao en Comunicación Audiovisual”.
— Base específica segunda do posto de técnico en documentación:
“Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das bases xerais os aspirantes deberán posuír o título de Grao en Documentación, Licenciatura/Grao en Xornalismo, Licenciatura/Grao en Historia, Licenciatura/Grao en Filoloxía ou Licenciatura/Grao en Comunicación Audiovisual”.
Como consecuencia do anterior, para os procesos selectivos de técnico en relacións públicas (comunity manager) e técnico en documentación ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes, que se computará a partir do día seguinte ó da publicación desta rectificación no Boletín Oficial da Provincia, considerándose dentro de prazo as presentadas dende publicación desta convocatoria”

CONCELLO DE  PONTECESURES
EDICTO RELATIVO A RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA ACORDANDO EFECTUAR DELEGACIÓNS
E D I C T O
Por Resolucións desta Alcaldía de data 13 de maio de 2016, acordouse efectuar en favor dos Concelleiros que se indican, as seguintes Delegacións especiais:
— Obras, Infraestruturas e Desenvolvemento Económico, a D. Ángel Manuel Souto Cordo.
— Urbanismo, Servizos e Servizos Sociais, a Dona María Isabel Castro Barreiro.
— Cultura e Emprego, a D. José Ramón Cadilla Piñeiro.
— Deportes, Ensino e Muller, a Dona Mónica Espadas Diez.
— Comercio, Hostalería, Mobilidade e Seguridade, a D. Francisco García Sobrino.
As citadas Delegacións comprenderán en xeral a dirección, xestión e supervisión en xeral dos indicados servizos, sen que comprendan a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros, debendo os Sres./ras. Delegados/as dar conta periodicamente da xestión á Alcaldía.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 44 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

CONCELLO DE  TUI
CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, A TEMPO COMPLETO, DUNHA PRAZA DE OPERARIO DE MANTEMENTO PARA AS PISCINAS MUNICIPAIS
Con data 23 de maio de 2016, aprobáronse, por Resolución da Concellería de persoal, seguridade, mercados, emprego e formación, as Bases de selección para a contratación laboral temporal, a tempo completo, dunha praza de operario de mantemento para as piscinas municipais para o Concello de Tui
As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico e procedemento administrativo común, no prazo de sete días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra
As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e na súa páxina web, www.concellotui.org

CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, A TEMPO PARCIAL, DE TRES PRAZAS DE OPERARIOS DE SERVIZOS DIVERSOS E MANTEMENTO PARA AS PISCINAS MUNICIPAIS
Con data 23 de maio de 2016, aprobáronse, por Resolución da Concellería de persoal, seguridade, mercados, emprego e formación, as Bases de selección para a contratación laboral temporal, a tempo parcial, de tres prazas de operarios de servizos diversos e mantemento para as piscinas municipais para o Concello de Tui
As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico e procedemento administrativo común, no prazo de sete días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra
As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e na súa páxina web, www.concellotui.org

CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, A TEMPO PARCIAL, DE TRES PRAZAS DE SOCORRISTAS PARA AS PISCINAS MUNICIPAIS
Con data 23 de maio de 2016, aprobáronse, por Resolución da Concellería de persoal, seguridade, mercados, emprego e formación, as Bases de selección para a contratación laboral temporal, a tempo parcial, de tres prazas de socorristas para as piscinas municipais para o Concello de Tui
As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico e procedemento administrativo común, no prazo de sete días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra
As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e na súa páxina web, www.concellotui.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario