lunes, 3 de abril de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 31/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
31/03/2017
CONCELLO DE VIGO
BASES REITORAS E CONVOCATORIA DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA A FORMACIÓN DE BOLSAS DE EMPREGO, QUE PERMITAN OS NOMEAMENTOS INTERINOS COMO OPERADOR/A DE INFORMÁTICA E OFICIAIS DE OFICIOS ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria do 23 de marzo de 2017, adoptou o seguinte acordo, aprobando as bases reitoras dos procesos selectivos para a formación de bolsas de emprego que permitan os nomeamentos interinos como Operador/a de Informática e Oficiais de Oficios (Oficial coidador de mantemento, vixilancia e control de Vigo-zoo, Oficial Instalacións Municipais, Oficial Xardineiro/a, Oficial Desinfector/a, Oficial Electricista, Oficial Ferreiro e, Oficial Fontaneiro, (todos eles integrados no subgrupo C2):
“Primeiro.—Dar aprobación ás bases específicas reitoras do proceso selectivo para a formación de bolsas de emprego, que permita os nomeamentos interinos previstos no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, como Operador/a de Informática e Oficiais de Oficios (Oficial coidador de mantemento, vixilancia e control de Vigozoo, Oficial Instalacións Municipais, Oficial Xardineiro/a, Oficial Desinfector/a, Oficial Electricista, Oficial Ferreiro e, Oficial Fontaneiro, (todos eles integrados no subgrupo C2), e que forman parte inseparable do presente acordo. As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa publicación complementaria na páxina web do Concello de Vigo, para público e xeral coñecemento.
Segundo.—Habilitar expresamente ao Sr. Concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal para resolver sobre as listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos, designación de integrantes dos órganos de selección e sinalamentos de lugares, datas e horas de celebración das probas selectivas, no uso das competencias que en canto á planificación, desenvolvemento e execución da política municipal en materia de persoal ostenta por delegacións competenciais efectuadas en Decretos da Alcaldía e Acordos da Xunta de Goberno Local de 19/06/2015 e 30/12/2016.

No hay comentarios:

Publicar un comentario