lunes, 24 de abril de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 24/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
24/04/2017
CONCELLO DE  ARBO
ANUNCIO DE CONVOCATORIA DE AMPLIACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO SAF ANUNCIO
Por resolución de Alcaldía núm. 428/16, de data 03.04.17, foi aprobada a convocatoria para a ampliación da bolsa de emprego do Concello de Arbo para cubrir o/os posto/s de traballo de auxiliar de axuda no fogar en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes.
As bases atópanse publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 31 de data 16.02.16, así como no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do Concello.Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello.
O prazo de presentación de instancias fíxase en 7 días naturais a conta dende o día seguinte á publicación do último anuncio, Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ou Atlántico Diario.

CONCELLO DE  CALDAS DE REIS
LICITACIÓN PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE LUDOTECA DE VERÁN DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS
De conformidade coa Resolución da Alcaldía de data 07 de abril de 2017, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria para a CONTRATACIÓN POLO PROCEDEMENTO ABERTO, VARIOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA, TRÁMITE ORDINARIO PARA ADXUDICAR O SERVIZO DA LUDOTECA DE VERÁN DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS, EXPEDIENTE 630/2017, conforme aos seguintes datos:

CONCELLO DE  MARÍN
APROBACIÓN INICIAL DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO
O Pleno do Concello de Marín en sesión ordinaria celebrada o 12.04.2017 acordou aprobar inicialmente a Relación de Postos de Traballo ( RPT) do Concello de Marín.
O citado acordo sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, de acordo co establecido no art. 202.2 da Lei 2/2015 de Emprego Público de Galicia, durante os cales poden presentarse reclamacións ou alegacións. Transcorrido dito prazo sen producirse reclamacións ou alegacións quedará definitivamente aprobado o acordo. No caso de presentarse reclamacións o Pleno resolverá as mesmas elevando, no seu caso, o acordo a definitivo.

APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO MUNICIPAL 2017
O Pleno da Corporación en sesión ordinaria de data 12.04.2017, adoptou acordo de aprobación inicial do Orzamento Xeral da Corporación, xunto co cadro de persoal para o exercicio 2017, polo que, en cumprimento do establecido no artigo 169.1 do RD lex. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da lei Reguladora das facendas locais, exponse ó público na Secretaría Xeral do Concello, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo se podan formular as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas. De non presentarse reclamacións durante o indicado prazo o Orzamento considerarase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE  PONTEAREAS
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DE AXUDAS A EMERXENCIA SOCIAL ANUNCIO
O Pleno da Corporación Municipal en sesión levada a cabo o 21 de marzo de 2017, acordou aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza reguladora da axudas de emerxencia social do Concello de Ponteareas para adaptala ao Convenio entre a Federación Galega de Municipios e Provincias coas empresas subministradoras de enexía e gas de 18 de xaneiro de 2017, engadindo unha disposición adicional.
En cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 56 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, se somete o expediente a información pública e audiencia aos interesados no Taboleiro de anuncios e na Secretaria do Concello para a presentación das reclamacións e suxerencias que estimen oportunas, polo prazo de trinta días contados a partires do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
No caso de que non se presentara ningunha reclamación ou suxerencia, entenderase definitivamente aprobada a modificación da ordenanza. No caso de presentarse reclamacións deberán ser resoltas polo Pleno e aprobarse definitivamente a modificación polo mesmo órgano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario