jueves, 6 de abril de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 06/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
06/04/2017
CONCELLO DE VIGO
CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE MATERIAL E ALUGUER DE MAQUINARIA PARA OBRAS A DESENVOLVER NOS COLEXIOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA POLO PERSOAL BENEFICIARIO DO PROGRAMA "VIGO EMPREGA"

BASES ESPECÍFICAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO EN RELACIÓN Á SÚA ACTIVIDADE DEPORTIVA NA TEMPADA 2016/2017 ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria e urxente do 21 de marzo de 2017, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo sen ánimo de lucro para as actividades e proxectos deportivos da tempada 2016/2017:
Bases específicas para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2016/2017

CONCELLO DE BAIONA
BASES SELECCIÓN TRABALLADOR/A SOCIAL INTERINO/A
Aprobadas por resolución de alcaldía de data 30/03/2017 as bases da convocatoria para a selección dun funcionario interino do posto de Traballador/a Social a tempo parcial (20 horas) adscrito ao departamento de Servizos Sociais por substitución transitoria do titular de conformidade co disposto no artigo 10.1. do Texto refundido Estatuto Básico da función. Polo exposto procédese a publicación do anuncio para os efectos de que os interesados presenten as súas solicitudes no prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio e segundo o establecido nas bases da convocatoria publicadas integramente na paxina www.baiona.org.

CONCELLO DE BUEU
CONVOCATORIA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE OITO AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL PARA O CONCELLO
Por Acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada con data 20 de Marzo de 2017 aprobáronse as bases que regulan o proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 8 auxiliares de policía local para o Concello de Bueu.
As bases do proceso selectivo poderán consultarse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodebueu.org).
O prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo é de 05 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

CONCELLO DE CAMBADOS
APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
En sesión celebrada en data 26 de xaneiro do 2.017 foi aprobada inicialmente polo Pleno do Concello de Cambados a modificación puntual da relación de postos de traballo do Concello de Cambados.
En data 8 de febreiro do 2.017 foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o anuncio da aprobación inicial da modificación puntual da relación de postos de traballo do Concello de Cambados.
Elevado a definitivo dito acordo, unha vez resoltas as alegacións presentadas contra o mesmo, por acordo plenario de data 30 de marzo do 2017, e de conformidade co previsto no artigo 202.3 da Lei 2/2.015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, unha vez aprobada definitivamente a modificación puntual da relación de postos do Concello de Cambados, remítase copia da mesma aos órganos competentes da Administración Xeral do Estado así como da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do prazo de trinta días. Asemade, procédase a publicar a aprobación definitiva da mencionada modificación puntual da relación de postos de traballo do Concello de Cambados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, segundo o detalle que se sinala a continuación.
Contra a aprobación definitiva da modificación puntual da relación de postos de traballo do Concello de Cambados, poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo, na forma e prazos establecidos na Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa, o cal non suspenderá, por si só, a súa aplicación.

CONCELLO DE DOZÓN
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2017
Habiendo quedado definitivamente aprobado por el Pleno de este Ayuntamiento el Presupuesto para el ejercicio económico de 2017, por acuerdo adoptado en sesión celebrada el día 27 de febrero de 2017, en cumplimiento a lo que dispone el artículo 169.3 del R.D Legislativo 2/2004 , de 5 de marzo, se hace público que dicho Presupuesto asciende a la , tanto en Gastos como en Ingresos, a la cuantía de SETECIENTOS CUARENTA Y SIETE MIL OCHOCIENTOS CINCUENTA EUROS correspondiendo a cada capítulo las cantidades que a continuación se expresan , según siguiente detalle :

CONCELLO DE MOAÑA
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DE POLICÍA
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 20.03.2017, aprobou as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de auxiliares de policía mediante o sistema de oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de dez días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodemoana.org).

CONCELLO DE SANXENXO
APROBACIÓN DEFINITIVA DA DERROGACIÓN DO REGULAMENTO ORGÁNICO
Ao non terse presentado ningunha reclamación ao acordo plenario de 16 de xaneiro de 2017 de aprobación inicial da “DERROGACIÓN DO REGULAMENTO ORGÁNICO VIXENTE”, faise constar que queda aprobada definitivamente a derrogación do mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario