lunes, 17 de abril de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 17/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
17/04/2017
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
ACORDO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
CONVENIO O ACORDO:
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
— Expediente: 36/17/0200/2016
— Data: 30/03/2017
— Asunto: COMUNICACIÓN DE DEPÓSITO
— Código de Convenio número 36100660172017.
Visto o Acordo adoptado na DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, sobre a xornada, vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario e laboral, subscrito en representación da parte económica, pola representación da Deputación, e da parte social pola representación dos sindicatos CCOO, UGT, CSIF e CIG, en data 29 de xullo do 2016.
Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 18 de agosto do 2016.
Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.- Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
Segundo.- Disposición adicional segunda do Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.
Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,
Esta xefatura territorial,
A C O R D A:
Primeiro.- Ordenar o seu depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).
Segundo: Ordenar a notificación desta Resolución as partes asinantes do Acordo depositado.
ACORDOS COLECTIVOS PARA O PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL
DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA SOBRE XORNADA,
VACACIÓNS, PERMISOS E LICENCIAS
ACORDO COLECTIVO PARA PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA SOBRE XORNADA, VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS
A negociación do presente acordo regulador efectúase ó amparo do previsto no artigo 33 e seguintes do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público, e Lei orgánica de liberdade sindical 11/85, do 2 de agosto, así coma aqueloutras disposicións que as desenvolven.

CONCELLO DE  PONTEVEDRA
MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL 2017
Expediente
Modificación do Cadro de Persoal 2017
Trámite
Anuncio aprobación inicial.
Polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 07.04.2017, aprobouse inicialmente a modificación do Cadro de Persoal do Concello e do seu organismo autónomo para o ano 2017, de conformidade coa proposta do concelleiro delegado da área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio de data 28.03.2017.
Polo tanto, expónse ao público nas oficinas do servizo de Persoal deste Concello durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da inserción deste Edito no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello.
Durante este prazo os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que teñan por convenientes ante o Pleno da Corporación.
De non presentarse reclamacións en prazo, a modificación do Cadro de Persoal consideraranse definitivamente aprobada, entrando en vigor logo da súa publicación no BOP na forma legalmente establecida. Remitiranse así mesmo, copias a Administración do Estado e Comunidade Autónoma.
Así mesmo, e de acordo co art. Art. 7 c) e e) da Lei 19/2013 (en relación co 5.4 da mesma norma), o detalle da modificación do cadro de persoal inicialmente aprobado e a súa memoria, poderá examinarse no menú “Transparencia” da sede electrónica deste Concello (sede.pontevedra.gal).
Isto de conformidade co establecido nos artigos 169 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; 20 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril; 90 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local e 126 e 127 do RD Lexislativo 781/1986, polo que se aproba o Texto Refundido do Réxime Local.O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

CONCELLO DE  PORTAS
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO MUNICIPAL DO CONCELLO PARA O EXERCIZO 2017
EDICTO
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de data 15 de marzo de 2017 (nº 52), publicouse o anuncio de exposición pública do Orzamento Municipal de Portas para o exercicio 2017, aprobado inicialmente polo Pleno en sesión de data 3 de marzo de 2017.
Unha vez transcorrido o período de exposición pública, sen que se presentaran alegacións, o orzamento considérase definitivamente aprobado.
En cumprimento co disposto no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, publícase o resumo por capítulos, co seguinte detalle:

CONSORCIO LOCAL "CONCA DO LÉREZ" (CONCELLOS DE CAMPOLAMEIRO, CERDEDO E COTOBADE)
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO ECONÓMICO DO ANO 2014  A N U N C I O
Formulada e rendida a Conta Xeral do Consorcio Local Conca do Lérez correspondente ó exercicio económico do ano 2014, e dictaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesión ordinaria celebrada en data 03 de abril de 2017 , exponse ó público cos documentos que a xustifican na Intervención deste Concello, por un prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de que os interesados poidan examinala e presentar as reclamacións, reparos ou observacións que se estimen pertinentes durante dito prazo de exposición e os oito seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario