miércoles, 26 de abril de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 25/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
25/04/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA DE 13 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL EN OFICINAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2017.
Con fundamento no artigo 34.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o deputado delegado en materia de Recursos Humanos, por Resolución presidencial,de data 21 de abril de 2017, acorda aprobar a convocatoria de 13 bolsas para a realización de labores de información turística, entre outros, nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra, que se rexerá segundo as seguintes
BASES
Primeira. Obxecto
Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 13 bolsas de práctica laboral destinadas a persoas graduadas ou diplomadas en Turismo, técnicas ou técnicos superiores en Información e Comercialización Turísticas e técnicas ou técnicos superiores en Guía, Información e Asistencias Turísticas, coa finalidade de promover e completar a súa formación realizando labores de información turística, entre outros, desde o 15 de xuño ata o 14 de outubro de 2017, nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra que se detallan a continuación:
Puntos de información turística
Núm. de bolsas
Caldas de Reis
1
Cambados
2
Cangas
1
Cuntis
1
Lalín
1
Mosteiro da Armenteira, Meis
1
O Grove
1
Ponte Caldelas
1
Sede de Turismo Rías Baixas, Pontevedra
1
Sanxenxo
1
Silleda
1
Castelo de Soutomaior
1
Segunda. Condicións das persoas aspirantes
Poderán beneficiarse destas bolsas as persoas físicas que, con plena capacidade de obrar e sen estaren inhabilitadas para obteren axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
a. Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países membros da Unión Europea
b. Estar en posesión dunha titulación académica de grao ou de diplomatura en Turismo, de técnica ou técnico superior en Información e Comercialización Turísticas ou de técnica ou técnico superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas, ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes
c. Non ter rematados os seus estudos antes do ano 2007
d. Non ter ningunha incapacidade física nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa
e. Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración superior a un ano na Deputación de Pontevedra nin nos seus extinguidos organismos autónomos
f. Estar inscrita nalgunha oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego ou en mellora de emprego
g. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo
por tal non estar contratada polo grupo 1, 2 ou 3 de cotización por un período de tempo superior a 12 meses
h. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV (para titulacións universitarias) e Celga III (para ciclos superiores de formación profesional)
i. Estar disposta a asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino
j. Non estar incursa nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS)

CONCELLO DE  RIBADUMIA
ORDENANZA SOBRE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA ANUNCIO
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada con data 2 de marzo de 2017, acordou a aprobación provisional da Ordenanza sobre Protección contra a Contaminación Acústica, expoñéndose a mesma ó público polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte a esta publicación, a fin de que os interesados podan examina-lo expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
De non presentarse reclamación durante o período de exposición, entenderáse definitivamente adoptado o devandito acordo.

REGULAMENTO DA ESCOLA DE OCIO E TEMPO LIBRE E ESCOLA DE VERÁN, E DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DA MESMA. ANUNCIO
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada con data 2 de marzo de 2017, acordou a aprobación provisional da modificación do Regulamento da Escola de Ocio e tempo libre e Escola de Verán e da Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa da mesma, expoñéndose a modificación acordada ó público polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte a esta publicación, a fin de que os interesados podan examina-lo expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
De non presentarse reclamación durante o período de exposición, entenderáse definitivamente adoptado o devandito acordo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario