viernes, 7 de abril de 2017

BOLETINES 07/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
07/04/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA DE NOMEAMENTO INTERINO DUN COORDINADOR COMO PERSOAL TÉCNICO PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL PRACTICUM 2016 E PRACTICUM 2017 RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
De conformidade co establecido no artigo 34.g da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade, RESOLVO aprobar a convocatoria de nomeamento interino dun coordinador como persoal técnico para a execución do programa de carácter temporal PRACTICUM 2016 e PRACTICUM 2017, e que se rexerá polas seguintes:
BASES
Primeira. Obxecto da convocatoria
Esta convocatoria ten por obxecto o nomeamento interino por execución de programas dun coordinador como persoal técnico para a execución do programa de carácter temporal PRACTICUM 2016 e PRACTICUM 2017, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade, e con fundamento no art. 10.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; Lei 2/2015, do 29 de abril, do empregado público de Galicia; art. 27.1.2 do Real decreto 364/95, do 10 de marzo; disposición adicional primeira do Real decreto 896/91, do 7 de xuño; Orde APU/1461/2002, do 6 de xuño, sobre selección e nomeamento de persoal funcionario interino e Decreto 95/1991, do 20 de marzo, da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os principios de mérito e capacidade, con grupo de clasificación A2-22.
Estes proxectos teñen por obxecto promover a mobilidade de estudantes de Formación Profesional de ciclos medios pertencentes a distintas familias profesionais co fin de colaborar na súa integración no mundo laboral, a través de prácticas en empresas e institucións estranxeiras, polo que é necesario un coordinador xeral que leve a cabo as tarefas de dirección, planificación, organización e execución; informe e asesoramento sobre os instrumentos de xestión e control do proxecto; preparación e xestión da contratación administrativa necesaria para o seu desenvolvemento; dirección, xestión e integración dos resultados coas accións realizadas e o asesoramento e coordinación cos distintos socios.
Por resolución da Dirección del Servicio Español para la Internacionalización de la Educación, de data 6 de xuño de 2016, concedese a Deputación Provincial unha axuda por importe de 594.474,00 € para a realización do proxecto PRACTICUM DEPO 2016, que ten unha duración que abarca dende o 1 de xuño de 2016 e ata o 31 de maio de 2018.
Por outra parte, está pendente de resolución a convocatoria de subvencións ás mobilidades do ano 2017 EAC/A03/2016 do Programa Erasmus+ (2016/C386/09), na que participa a Deputación de Pontevedra. No caso de outorgarse a subvención solicitada a duración do PRACTICUM DEPO 2017 sería do 1 de xuño de 2017 ata o 31 de maio de 2019, quedando supeditada a prórroga do nomeamento a súa concesión.
Segunda. Sistema de selección
Establécese o sistema de oposición libre, consistente na realización de catro exercicios relacionados co programa da convocatoria e co posto de traballo a desempeñar.

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAL LABORAL FIXO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA. EDICTO
O Pleno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do 31 de marzo de 2017, aprobou inicialmente o expediente de modificación da relación de postos de traballo de persoal laboral fixo da Escola Universitaria de Enfermería, co fin de ampliar a xornada laboral do posto de traballo de profesor de Psicoloxía pasando de tempo parcial a tempo completo, o que implica un incremento das retribucións asignadas de 13.755,14 € a 25.551,90 € en cómputo anual, así como do custo laboral en concepto de seguridade social que pasa de 4.250,34 € a 7.895,54 € en cómputo anual.
De conformidade co establecido no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais (TRLHL), dito expediente queda exposto ó público no Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Deputación Provincial de Pontevedra por un período de quince días hábiles, a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que os interesados lexitimados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas polos motivos enumerados no artigo 170.2 do TRLHL. O que se fai público para o seu coñecemento e demais efectos.

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAL FUNCIONARIO ADSCRITO Ó ORAL EDICTO
O Pleno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do 31 de marzo de 2017, aprobou inicialmente o expediente de modificación da relación de postos de traballo de persoal funcionario adscrito ó ORAL, mediante a transformación do posto de traballo de Técnico de Recadación do nivel 25 sen dedicación dentro do complemento específico, nun posto de traballo de Xefe de Servizo de Recadación do nivel 29 con dedicación incluída no complemento específico. Esta modificación supón un incremento do gasto en concepto de retribucións de 23.381,14 euros.
De conformidade co establecido no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais (TRLHL), dito expediente queda exposto ó público no Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Deputación Provincial de Pontevedra por un período de quince días hábiles, a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que os interesados lexitimados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas polos motivos enumerados no artigo 170.2 do TRLHL. O que se fai público para o seu coñecemento e demais efectos.

CONCELLO DE  PONTEVEDRA
PUBLICACIÓN DO DECRETO DE EMPRAZAMENTO A POSIBLES INTERESADOS POLA INTERPOSICIÓN DE RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO CONTRA A APROBACIÓN DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO 2017
EXPDTE
EXPEDIENTE ORZAMENTOS XERAIS DO CONCELLO 2017
TRÁMITE
Publicación BOP e taboleiro electrónico de decreto de emprazamento a posibles interesados pola interposición de recurso contencioso administrativo e remisión do expediente.
Pola Alcaldía Presidencia, ditouse o seguinte Decreto:
— “ÓRGANO XUDICIAL: Sección 2ª da Sala do Contencioso Administrativo do TSX de Galicia.
— REF. XUDICIAL: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 4156/2017.
— RECORRENTE/S: D. JACOBO MOREIRA FERRO e D. RAFAEL DOMÍNGUEZ ARTIME.
— ACTO/S RECORRIDO/S: Acordos do Pleno deste Concello do 23,12,2016 e 27,01,2017, de aprobación inicial e definitiva respectivamente, dos Presupostos xerais municipais para 2017.
— Data do oficio de reclamación do expediente (Rexistro entrada): 10.03.2017.
Por oficio do órgano xurisdicional que se refire comunícase a interposición do recurso contencioso administrativo precisado, coa reclamación do expediente e demais actuacións preceptivas.
Previamente, e segundo se comunica pola Secretaría Xeral do Pleno, por oficio do Xulgado do contencioso administrativo nº 2 dos de Pontevedra, de 24.02.2016 (rexistro municipal do 02.03.2017), ditado no PROCEDIMIENTO ORDINARIO 51/2017, dáse conta da interposición de recurso contencioso administrativo pola representación procesual de D. JACOBO MOREIRA FERRO contra o Decreto da Alcaldía-Presidencia do 22.12.2016, desestimatorio do recurso de reposición interposto o 21.12.2016.
Este decreto impugnado era o da convocatoria da sesión plenaria na que se adoptou o acordo do 23,12,2016, acordo agora impugnado no recurso ante o TSX.
Pola presente, e de conformidade coas facultades conferidas polo art. 124 da Lei 7/1985, DECRETO:
1. Notificar o presente acordo, no prazo dos 5 días seguintes ao da súa adopción, aos que aparezan como interesados no expediente, emprazándolles para que podan personarse como demandados ante o referido órgano xurisdicional no prazo de 9 días.  
Dado que se trata da impugnación dos acordos de aprobación inicial e definitiva dos Presupostos para 2017, de cuxa anulación poderían derivarse prexuízos para unha pluralidade indeterminada de persoas, procederase a este emprazamento mediante anuncio que se publicará no BOP e no taboleiro electrónico deste Concello, de conformidade co art. 45 da Lei 39/2015.
2. Incorporar ao expediente administrativo as devanditas notificacións, ou xustificante de envío dos anuncios (e sen prexuízo da posterior remisión dos mesmos), trasladar copia autenticada do expediente completo, debidamente foliado, numerado, e co seu correspondente índice, ao órgano xurisdicional.
Isto sen prexuízo da remisión de cantos antecedentes ou complementos sexan instados por ese órgano xurisdicional.
3. Comunicar, de conformidade co art. 38 da Lei 29/1998, que no devandito recurso contencioso administrativo interposto ante o Xulgado do contencioso administrativo nº 2 dos de Pontevedra, PROCEDIMIENTO ORDINARIO 51/2017, podería concorrer un suposto de acumulación do Cap. III da sinalada Lei; como así mesmo se trasladou ao propio Xulgado.
4. Ordenar a realización das devanditas actuacións ao Órgano de xestión contable e orzamentaria, en canto unidade xestora do expediente. ” O que se fai público en cumprimento do ordenado e aos efectos oportunos.

CONCELLO DE  LALÍN
BASES DE SELECCIÓN PARA O NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A DUN/DUNHA AXENTE NOTIFICADOR/A–CONSERXE PARA O CONCELLO
I.—Obxecto
O obxecto das presentes bases é proceder á selección e nomeamento con carácter interino por substitución do posto de Axente Notificador/a-Conserxe do Concello de Lalín, durante o período de ausencia por incapacidade laboral temporal da persoa que estaba ocupando este posto.
A natureza xurídica que se empregará será a recollida no artigo 10.1.b) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que denominaremos “funcionario interino sustituto do posto de traballo indicado”, dado que dita praza non está vacante, coa categoría de AG.P, que finalizará cando se produzca a reincorporación da persoa que viña ocupando dito posto ou comunique a súa baixa definitiva.
II.—Funcións/tarefas e retribución económica
O aspirante seleccionado/a por medio da presente convocatoria estará suxeito/a, no desenvolvemento das funcións propias da súa categoría profesional, ás normas internas de funcionamiento do Concello; tendo como funcións encomendadas as que se expresan na RPT deste Concello para este posto, e correspondéndolle unhas retribucións salariais iguais que as que figuran na RPT para dito posto.

CONCELLO DE  MEIS
APROBACIÓN DE RETRIBUCIÓNS DE CONCELLEIROS DELEGADOS
O Pleno do Concello, en sesión do 27 de marzo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
RÉXIME DE DEDICACIÓN E RETRIBUCIÓNS  DE CONCELLEIROS DELEGADOS
Retribucións da concelleira delegada de “Facenda e Patrimonio” e de “Educación, Cultura, Turismo, Deportes e Xuventude”, en réxime de dedicación exclusiva: soldo bruto de 17.304,00 € anuais a devengar en catorce pagas (12 mensualidades e dúas pagas extra nos meses de xuño e decembro)
O que fago público aos efectos do artigo 75 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e 13 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF)

CONCELLO DE  VILAGARCÍA DE AROUSA
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL E DO SEU ORGANISMO AUTÓNOMO FPSDM DO EXERCICIO 2017, TEITO DE GASTO NON FINANCEIRO PARA O EXERCICIO 2017, BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO, CADRO DE PERSOAL E RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO, E OUTROS E D I C T O
De conformidade cos artigos 112.3 da Lei 7/85, do 2 de abril e 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de 2 de marzo de 2017, adoptou acordo de aprobación inicial do Orzamento Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa e do seu Organismo Autónomo FPSDM correspondente ao exercicio económico de 2017 así como do teito de gasto non financieiro para o exercicio 2017; non habéndose presentado alegacións contra o mesmo durante o prazo de exposición ó público segundo edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia número 48, de data 9 de marzo de 2017, e no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial, queda aprobado definitivamente o mesmo.
Faise público que o Orzamento consolidado do Concello, no cal se integra o Presuposto da Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais, ascende tanto en GASTOS coma en INGRESOS, á contía de 27.056.229,94€, correspondendo a cada Capítulo as cantidades que a continuación se expresan, segundo o seguinte detalle:


DOG                              Descripción: dog
07/04/2017
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Escola Galega de Administración Pública



CONCELLO DO PINO
ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de traballador/a social.
No BOP da Coruña núm. 53, do 20 de marzo de 2017, publicáronse as bases que rexerán o concurso-oposición para cubrir unha praza de traballador/a social, vacante no cadro de persoal laboral deste concello, por concurso-oposición libre.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios en relación con esta convocatoria serán publicados no BOP da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web deste concello.

Consellería de Facenda










Servizo Galego de Saúde
RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de inscrición para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e Administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).16789 Descargar PDF



BOE                             Descripción: boe    
07/04/2017
JEFATURA DEL ESTADO Oferta de empleo público
Corrección de errores del Real Decreto-ley 6/2017, de 31 de marzo, por el que se aprueba la oferta de empleo público en los ámbitos de personal docente no universitario y universitario, Fuerzas Armadas, Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado y Cuerpos de Policía dependientes de las Comunidades Autónomas para 2017. PDF (BOE-A-2017-3818 - 1 pág. - 149 KB) Otros formatos

COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA Presupuestos
Ley 1/2017, de 8 de febrero, de presupuestos generales de la Comunidad Autónoma de Galicia para el año 2017. PDF (BOE-A-2017-3822 - 260 págs. - 10.141 KB)  Otros formatos

Medidas fiscales y administrativas
Ley 2/2017, de 8 de febrero, de medidas fiscales, administrativas y de ordenación. PDF (BOE-A-2017-3823 - 98 págs. - 2.361 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Destinos
Resolución de 29 de marzo de 2017, de la Presidencia de la Agencia Estatal de Evaluación de las Políticas Públicas y la Calidad de los Servicios, por la que se resuelve concurso específico, convocado por Resolución de 31 de enero de 2017. PDF (BOE-A-2017-3826 - 1 pág. - 154 KB) Otros formatos

MINISTERIO DE ECONOMÍA, INDUSTRIA Y COMPETITIVIDAD Destinos
Resolución de 29 de marzo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se resuelve el concurso específico convocado por Resolución de 16 de enero de 2017, en el Instituto Nacional de Estadística. PDF (BOE-A-2017-3828 - 4 págs. - 211 KB)  Otros formatos

CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL Funcionarios del Subgrupo A1
Acuerdo de 30 de marzo de 2017, de la Comisión Permanente del Consejo General del Poder Judicial, por el que se convoca concurso de méritos para proveer puesto de trabajo en el Servicio de Relaciones Internacionales. PDF (BOE-A-2017-3829 - 4 págs. - 237 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE AGRICULTURA Y PESCA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
Cuerpo de Observadores de Meteorología del Estado
Resolución de 5 de abril de 2017, de la Subsecretaría, por la que se publica la relación de aprobados en las fases de oposición y concurso de las pruebas selectivas para ingreso, por el sistema de promoción interna, en el Cuerpo de Observadores de Meteorología del Estado, convocadas por Orden AAA/760/2016, de 17 de mayo. PDF (BOE-A-2017-3830 - 4 págs. - 204 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA Y PARA LAS ADMINISTRACIONES TERRITORIALES Funcionarios de los Subgrupos A1, A2, C1 y C2
Resolución de 27 de marzo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se modifica la de 2 de marzo de 2017, por la que se convoca concurso general para la provisión de puestos de trabajo. PDF (BOE-A-2017-3831 - 2 págs. - 157 KB)  Otros formatos

Personal laboral
Resolución de 31 de marzo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso, por promoción interna, como personal laboral fijo, en el Consejo de Administración de Patrimonio Nacional. PDF (BOE-A-2017-3832 - 8 págs. - 249 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE ECONOMÍA, INDUSTRIA Y COMPETITIVIDAD Escala de Técnicos Especializados de los Organismos Públicos de Investigación
Resolución de 30 de marzo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se modifica la distribución de plazas correspondientes al proceso selectivo para el ingreso, por promoción interna, a la Escala de Técnicos Especializados de los Organismos Públicos de Investigación, convocado por Orden ECC/526/2016, de 1 de abril. PDF (BOE-A-2017-3833 - 1 pág. - 152 KB)  Otros formatos

Resolución de 30 de marzo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se modifica la distribución de plazas correspondientes al proceso selectivo para el ingreso, por el sistema general de acceso libre, a la Escala de Técnicos Especializados de los Organismos Públicos de Investigación, convocado por Orden ECC/363/2016, de 11 de marzo. PDF (BOE-A-2017-3834 - 1 pág. - 148 KB)  Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario