martes, 4 de abril de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 04/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
04/04/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL





CONCELLO DE O GROVE
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN AUXILIAR DE TURISMO A TRAVÉS DE CONCURSO-OPOSICIÓN.
A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 6 de marzo do 2017, aprobou a convocatoria e bases de selección que rexerán o procedemento selectivo para a contratación laboral temporal, dun auxiliar de turismo.
As Bases poderán ser consultadas na páxina web e no Taboleiro de Anuncios do Concello de O Grove.
O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O Grove, a 24 de marzo de 2017.—O Alcalde, José A. Cacabelos Rico.

CONCELLO DE VIGO
CONTRATACIÓN DA PROMOCIÓN TURÍSTICA DO DESTINO VIGO E RÍAS BAIXAS 2017-2019
1. Entidade que adxudica:
Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Turismo. Nº expediente: 6628-104.
2. Obxecto do contrato:
A promoción turística da cidade de Vigo e das Rías Baixas en mercados turísticos vencellados ca area mediterránea peninsular e insular, co obxectivo de atraer turistas procedentes destes mercados, a través do establecemento de conectitividade aérea directa dende Valencia, Palma de Mallorca e Ibiza coa cidade de Vigo e, o desenvolvemento de accións de promoción turística.

CONCELLO DE OIA
INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS INMOBLES DO CONCELLO. EDICTO
A través do presente dase publicidade ó Inventario municipal de bens inmobles do concello de Oia, aprobado por acordo plenario de 14.03.2017, que permanecerá exposto ó público durante un prazo de 30 días contados desde a publicación do presente anuncio no BOP, para que os interesados poidan facer alegacións ou aportar a documentación que estimen conveniente ós seus dereitos.
De formularse alegacións no prazo establecido, serán resoltas expresamente polo Pleno e de non formularse alegacións o acordo de aprobación inicial elevarase a definitivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario