martes, 11 de abril de 2017

BOLETINES 11/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
11/04/2017
CONCELLO DE  PONTEVEDRA
DECRETO DO ALCALDE DE MODIFICACIÓN DO NOMEAMENTO DE CONCELLEIROS QUE DESEMPEÑAN O SEU CARGO EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA
DECRETO DO ALCALDE DE MODIFICACIÓN DO NOMEAMENTO DE CONCELLEIROS QUE DESEMPEÑAN O SEU CARGO EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA
O día 18 de xuño de 2015 por acordo plenario fixáronse os cargos que se desempeñarían en réxime de dedicación exclusiva establecendo que para o Grupo Municipal do BNG se disporían 8 dedicacións exclusivas, incluídas a do alcalde e 1ª Tte Alcalde.
Mediante decreto do alcalde de data 13 de xuño de 2015 foi nomeada primeira Tenente de alcalde a concelleira Dª María Carmen da Silva Méndez.
O 18 de xuño de 2015 nomeraonse como concelleiros delegados que ostentan delegacións de Alcaldía en réxime de dedicación exclusiva a: D Cesareo Mosquera Lorenzo, D Raimundo González Carballo, Dª María dos Anxos Riveiro Portela, D Demetrio Gómez Xunqueira, D Luis Bará Torres e Dª María do Carme Fouces Díaz.
Os concelleiros D Cesareo Mosquera Lorenzo e D Raimundo González Carballo achegan renuncia ao réxime de dedicación exclusiva con efectos do 30 de xuño de 2016, pasando a desempeñar o seu cargo en réxime de dedicación exclusiva dona Anabel Gulías Torreiro e don Luis Alberto Oubiña Piay.
O concelleiro Xosé Luis Bará Torres renuncia no día da data ao réxime de dedicación exclusiva, continuando no desempeño do seu cargo polo que visto o artigo 75 da Lei 7/1985, reguladora de bases de réxime local, artigo 13 do Real Decreto 2568/1986 e 14 do regulamento orgánico do Pleno e as súas comisións do Concello de Pontevedra que determina que a designación en concreto dos membros que deben desempeñar o cargo en réxime de dedicación exclusiva será o Alcalde, esta Alcaldía DECRETO:
PRIMEIRO.- Tomar coñecemento da renuncia ao réxime de dedicación exclusiva do concelleiro D Xosé Luis Bará Torres con efectos do 31 de marzo de 2017
SEGUNDO.- O presente Decreto será publicado no taboleiro de anuncios do Concello durante quince días así como no BOP e darase conta o Pleno na primeira sesión que se celebre.
Así o decreta e ordena o Excmo. Sr. Alcalde, na data que consta na súa sinatura electrónica, ante o Secretario da Administración Municipal que da fe do acto.

CONCELLO DE  BAIONA
BASES SELECCIÓN TRABALLADORA SOCIAL ANUNCIO
Por Resolución da Alcaldía de data 28.03.2107 aprobaronse as las bases de selección dunha praza de Traballadora social vacante na plantilla de persoal funcionario e incluida na Oferta Pública de Emprego de 2016. O que se publica consonte o artigo 6 do RD 896/1991, do 7 de xuño,
BASES REGULADORAS DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA O ACCESO
DUNHA PRAZA DE TRABALLADOR SOCIAL A XORNADA PARCIAL
VACANTE NA PLANTILLA DE PERSOAL FUNCIONARIO
1ª.—NÚMERO DE PRAZAS E CARACTERÍSTICAS
Convócanse unha praza de Traballador social a xornada parcial (20 horas semanais) pertencente ó grupo A2, nivel 23 de complemento de destino, escala de Administración Especial, Subescala Técnica, vacante na plantilla de persoal funcionario e prevista na Oferta Pública de Emprego de 2016, dotadas coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo e coas complementarias asignadas ao posto de traballo.
2ª.—SISTEMA DE ACCESO
Establécese o sistema de concurso oposición libre para a súa provisión.

CONCELLO DE  A ILLA DE AROUSA
BASES SELECCIÓN PERSOAL POLICÍA LOCAL
A Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión celebrada en data 31 d emarzo de 2017, acordou aprobar as bases reguladoras da convocatoria para a cobertura, con carácter definitivo, de unha praza vacante na plantilla de persoal funcionario, pertencente á escala de administración especial, subescala de servizos especiais e ca denominación de Policía Local, polo sistema de oposición e quenda libre, o que en cumprimento do disposto no artigo 6 do RD 896/1991, de 07 de xuño, faise público, ós efectos procedentes:
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN E QUENDA LIBRE, DE UNHA PRAZA DA CATEGORÍA DE POLICÍA LOCAL VACANTE NO CORPO DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA
1ª.- Obxecto da convocatoria
O obxecto da presente convocatoria é a cobertura en propiedade de unha praza da escala básica, categoría de Policía Local, vacante na no Corpo da Policía Local deste Concello, polo sistema de oposición e quenda libre.
A citada praza inclúese na Oferta de Emprego Público correspondente ó ano 2017, aprobada por Resolución de Alcaldía de data 08 de marzo de 2017, publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 51 de 14 de marzo de 2017 e no Diario Oficial de Galicia nº 61 de 28 de marzo de 2017, cas seguintes características:
— Grupo segundo artigo 76 e Disposición Transitoria Terceira do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro: C.
— Subgrupo segundo o artigo 24.1 c) da Lei 4/2007, de 20 de abril: C1
— Clasificación: Escala de Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais.
— Escala segundo o artigo 24.1 c) da Lei 4/2007, de 20 de abril: Básica.
— Categoría: Policía Local.
— Número de vacantes: 1
A citada praza está dotada cas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias asignadas ó posto de traballo ó que se adscriba a mesma.

CONCELLO DE  REDONDELA
LICITACIÓN DO CONTRATO DO SERVIZO DE COLABORACIÓN NA XESTIÓN TRIBUTARIA, CENSAL, INSPECTORA, CATASTRAL E RECADADORA DO CONCELLO
ANUNCIO DE LICITACIÓN PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DO: SERVIZO DE COLABORACIÓN NA XESTIÓN TRIBUTARIA, CENSAL, INSPECTORA, CATASTRAL E RECADADORA DO CONCELLO DE REDONDELA
Aprobados por resolución da Alcaldía de data 21 de marzo de 2017 os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán na licitación, mediante procedemento aberto, para contratar o Servizo de colaboración na xestión tributaria, censal, inspectora, catastral e recadadora do Concello de Redondela, faise público para efectos de presentación de proposicións polos licitadores interesados o seguinte anuncio:
1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Redondela. Dependencia: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato: realización do servizo de colaboración na xestión tributaria, censal, inspectora, catastral e recadadora do Concello de Redondela, e da maneira prevista no Prego de prescricións técnicas. Prazo de execución: dous (2) anos, contados a partir da acta de inicio de prestación do servizo, podendo prorrogarse por outros dous períodos dun (1) ano cada un deles.

CONCELLO DE  VILABOA
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 31 de marzo de 2017 o ORZAMENTO XERAL para o exercicio económico 2017 e a plantilla do persoal para dito exercicio, en cumprimento do disposto no art. 169.1 do R.D.Lex. 2/2004, do 5 de marzo, e disposicións concordantes, exponse ao público, por prazo de quince días hábiles, que empezará a contarse dende o seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes ante o Pleno.
O Orzamento consideraráse definitivamente aprobado se, durante o indicado período, non se presentan reclamacións, de conformidade co artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en relación co 20.1 do Real Decreto 500/1990.
No caso contrario, o Pleno disporá dun mes para resolvelas, contado a partires do seguinte á finalización da exposición ó público.
As reclamacións consideraránse denegadas, en calqueira caso, se non se resolven no acto de aprobación definitiva.


DOG                              Descripción: dog
11/04/2017
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2017, do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo. 17242 Descargar PDF



BOE                             Descripción: boe    
11/04/2017
MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Organización
Real Decreto 362/2017, de 8 de abril, por el que se desarrolla la estructura orgánica básica del Ministerio de Fomento, y se modifica el Real Decreto 424/2016, de 11 de noviembre, por el que se establece la estructura orgánica básica de los departamentos ministeriales. PDF (BOE-A-2017-3948 - 27 págs. - 425 KB)  Otros formatos

CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL Destinos
Orden de 6 de abril de 2017, por la que se destina a los Jueces que se relacionan, como consecuencia del concurso resuelto por Acuerdo de la Comisión Permanente del Consejo General del Poder Judicial.  PDF (BOE-A-2017-3953 - 2 págs. - 154 KB) Otros formatos

MINISTERIO DE DEFENSA Cuerpo de Ingenieros Técnicos de Arsenales de la Armada
Resolución 430/38069/2017, de 6 de abril, de la Subsecretaría, por la que se aprueba la relación provisional de admitidos y excluidos al proceso selectivo para acceso, por promoción interna, al Cuerpo de Ingenieros Técnicos de Arsenales de la Armada, convocado por Resolución de 31 de enero de 2017. PDF (BOE-A-2017-3985 - 2 págs. - 163 KB)  Otros formatos

Cuerpo de Maestros de Arsenales de la Armada
Resolución 430/38070/2017, de 6 de abril, de la Subsecretaría, por la que se aprueba la relación provisional de admitidos y excluidos al proceso selectivo para acceso, por promoción interna, al Cuerpo de Maestros de Arsenales de la Armada, convocado por Resolución de 31 de enero de 2017.PDF (BOE-A-2017-3986 - 2 págs. - 179 KB)  Otros formatos

COMUNIDAD AUTÓNOMA DE ANDALUCÍA Cuerpo de Maestros
Resolución de 6 de abril de 2017, de la Dirección General del Profesorado y Gestión de Recursos Humanos, de la Consejería de Educación, por la que se publica procedimiento selectivo para el ingreso en el Cuerpo de Maestros. PDF (BOE-A-2017-3987 - 1 pág. - 160 KB)  Otros formatos


No hay comentarios:

Publicar un comentario