viernes, 28 de abril de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 28/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
28/04/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS POLO SERVIZO DE PROMOCIÓN DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL NO PRIMEIRO TRIMESTRE DO AÑO 2017
A N U N C I O
De conformidade co establecido no artigo 18 da Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións e no artigo 12.2 da Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación Provincial de Pontevedra, publícanse as subvencións concedidas durante o primeiro trimestre do ano 2017 polo Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local da Deputación de Pontevedra:
Plan ou programa: ERASMUS+ “Practicum Depo 2016”

CONCELLO DE  BARRO
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DO ORZAMENTO DO 2016 DO CONCELLO DE BARRO
Anuncio de exposición ó público da conta xeral do orzamento do exercicio 2016
A Comisión Especial de Contas do Concello de Barro , en sesión que tivo lugar o 11 de abril de 2017, emitiu informe sobre a conta xeral do orzamento do exercicio 2016. En cumprimento do que dispoñen os artigos 212.3 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e 212 do Rdl. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ó público cos documentos que a xustifican.
— Lugar: SECRETARíA DO CONCELLO.
— Prazo: QUINCE DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
No citado prazo e oito días máis, poderán presentar reclamacións ou reparos aqueles que o consideren oportuno.

CONCELLO DE  REDONDELA
CRITERIOS NOMEAMENTO PROVISORIO OFICIAIS DE VÍAS E OBRAS
CRITERIOS DA CONVOCATORIA para O NOMEAMENTO PROVISORIO DE OFICIAIS DE VÍAS E OBRAS POR VACANTES DOS POSTOS PARA O CONCELLO DE REDONDELA
PRIMEIRO.-OBXECTO DA CONVOCATORIA
Esta convocatoria regula o procedemento para nomear en comision de servizos a dous/dúas OFICIAIS DE VÍAS E OBRAS, pertencentes ao cadro de persoal funcionario do Concello.
Estes nomeamentos considéranse urxentes e inaprazables pola xubilación das persoas que o desempeñaban e por ser preciso que se asuman as funcións atribuídas a ditos postos na relación de postos de traballo para garantir a prestación de servizos esenciais.
As prazas están adscritas ao grupo C, subgrupo C2 de titulación e están dotadas orzamentariamente coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao subgrupo C2 e as complementarias propias do posto.

CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO
DAS COMARCAS DE DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2017
Non habéndose formulado reclamacións contra o Orzamento Xeral para o ano 2017, aprobado inicialmente polo Consorcio Pleno o día 22 de febreiro de 2017, publicado no B.O.P. nº 58, do 23 de marzo de 2017, considérase definitivamente aprobado, a efectos e en cumprimento do disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, faise público que dito orzamento ascende, tanto en ingresos coma en gastos, á cantidade de OITOCENTOS TRINTA E UN MIL TRINTA euros con CORENTA E CINCO céntimos (831.030,45.- €), de acordo co seguinte detalle:

PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TEGRA
BASES SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE GUÍA TURÍSTICO PARA O PADROADO MONTE SANTA TREGA
PRIMEIRA. OBXECTO
O obxecto das presentes Bases é a contratación laboral temporal por obra o servicio dunha praza de guía turístico (grupo B) para o Padroado Monte Santa Trega, cunha duración de 6 meses a xornada de 37,5 horas/semanais, de luns a domingo, co horario que se determine polo responsable municipal. As funcións serán as de atender a oficina de información turística do Monte, ofrecer o servizo de visitas guiadas polo Monte Santa Trega, atendendo especialmente a citania e demáis restos arqueolóxicos, atender, se fose preciso, e guiar visitantes no MASAT, así como organizar actividades de divulgación relacionadas co Monte Santa Trega. Retribucións: 952,55 euros de salario bruto mensual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario