21/04/2017
DEPUTACIÓN
PROVINCIAL
APROBACIÓN DA CREACIÓN DO FICHEIRO AUTOMATIZADO DE DATOS DE CARÁCTER
PERSOAL DO SERVIZO DE COHESIÓN SOCIAL E XUVENTUDE, DENOMINADO "FICHEIRO DE
DATOS DO PROGRAMA DEPO AVENTURA A LANZADA"
ANUNCIO RELATIVO Á
APROBACIÓN DA CREACIÓN DO FICHEIRO AUTOMATIZADO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DO
SERVIZO DE COHEXIÓN SOCIAL E XUVENTUDE, DENOMINADO –FICHEIRO DE DATOS DO
PROGRAMA “DEPO AVENTURA A LANZADA”
A deputada, en virtude
das competencias delegadas pola Presidencia, en aplicación da Resolución
presidencial de 25 de abril de 2016 (núm. de rexistro 2016007829), ditou
Resolución con data 7 de abril de 2017, con número de rexistro 2017006594, pola
que se acorda a creación do ficheiro automatizado de datos de carácter persoal
do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, denominado Ficheiro de datos do
programa “Depo Aventura A Lanzada”:
ANTECEDENTES
1. A Deputación de
Pontevedra promove e organiza actividades destinadas á xuventude no ámbito da
educación non formal, da inserción sociolaboral, da formación en linguas
estranxeiras, do deporte, da cultura e do lecer e tempo libre, entre outras.
Desde o Servizo de
Cohesión Social e Xuventude ponse en marcha o programa de campamentos de verán
“Depo Aventura A Lanzada” 2017 no Centro de Vacacións da Lanzada para as
rapazas e rapaces dos concellos da provincia de Pontevedra.
Este programa ofrece a
posibilidade de que 2.200 menores empreguen o seu tempo libre no verán
participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e
formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten
coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.
Así mesmo a Deputación,
en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de
diversidade funcional, procura facer efectivos, nesta liña de actuación pública,
os dereitos das persoas con diversidade funcional para que participen, en
igualdade de condicións coas demais, nas actividades recreativas, de lecer e
tempo libre, segundo o artigo 30 da Convención internacional da ONU sobre os
dereitos das persoas con discapacidade, así como o seu dereito á igualdade,
recollido no artigo 7 do R. d. l. 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba
o Texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da
súa inclusión social.
2. Para a xestión da
documentación presentada polas nais, pais ou persoas titoras legais das e dos
menores que participan neste programa faise necesaria a creación dun ficheiro
automatizado de datos de carácter persoal, que se denominará Ficheiro de datos
do programa “Depo Aventura A Lanzada”, e que terá como finalidade posibilitar o
tratamento da información relativa aos datos facilitados por cada menor que
participe no programa, así como a xestión administrativa das solicitudes e o
envío da información relacionada. Limitarase a cesión deses datos para a
finalidade indicada neste programa.
CONCELLO DE MEAÑO
CONVOCATORIA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN AUXILIAR DA POLICÍA LOCAL
A Xunta de Goberno
Local, en sesión ordinaria de data 3 de abril de 2017, aprobou as bases para a
selección de un/ha auxiliar da policía local do Concello de Meaño.
As bases do proceso
selectivo poderán consultarse nas oficinas municipais e na páxina web do
Concello de Meaño (www.concellodemeano.com).
O prazo de presentación
de instancias para a participación neste proceso selectivo é de cinco días
hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín
Oficial da Provincia de Pontevedra.
CONCELLO DE MOAÑA
NOMEAMENTO DE PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA
A Xunta de Goberno
Local, na sesión do 27.03.2017, logo de superar o proceso selectivo
correspondente á oferta de emprego público do ano 2016, nomeou como persoal
funcionario de carreira desta Corporación nas escalas e subescalas que se
especifican a:
• Soledad Rios
Santome, con DNI 76810720N, escala de administración xeral, subescala
administrativa, denominación: administrativa, integrada no grupo C, subgrupo
C1.
• Margarita Calvar Fernández,
con DNI 76807695T, escala de administración xeral, subescala administrativa,
denominación: administrativa, integrada no grupo C, subgrupo C1.
O que se fai público
segundo o establecido no artigo 62.1.b do Real decreto lexislativo 5/2015, do
30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico
do empregado público e de conformidade coa Base xeral décimo sexta da convocatoria
que rexeu o proceso selectivo para cubrir as ditas prazas.
CONCELLO DE REDONDELA
INFORMACIÓN PÚBLICA SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS
Tralo acordo do Pleno do
Concello de Redondela, con data do 2 de marzo de 2017, de aprobación de
diferentes subvencións nominativas para o exercicio económico do ano 2017, en
cumprimento do disposto no artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5
de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas
locais, exponse o expediente ó público polo prazo de quince días, durante os
cales as persoas interesadas poderán examinalo e presenta-las reclamacións ó
Pleno.
En ausencia de reclamacións, o presente acordo inicial elevarase
automaticamente a definitivo e será publicado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario