miércoles, 19 de abril de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 19/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
19/04/2017
CONCELLO DE  VIGO
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DE CARÁCTER SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO, PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NA ÁREA DOS SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2017
CONVOCATORIA DE SUBVENCIONES A ENTIDADES Y ASOCIACIONES DE CARÁCTER SOCIAL SIN ÁNIMO DE LUCRO, PARA LA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EN EL ÁREA DE LOS SERVICIOS SOCIALES EN EL AÑO 2017. AYUNTAMIENTO DE VIGO CONCEJALÍA DELEGADA DE POLÍTICA SOCIAL
BDNS(Identif.) :342886
EXTRACTO DE LA CONVOCATORIA DE SUBVENCIONES A ENTIDADES Y ASOCIACIONES DE CARÁCTER SOCIAL SIN ÁNIMO DE LUCRO, PARA LA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EN EL ÁREA DE LOS SERVICIOS SOCIALES EN EL AÑO 2017. AYUNTAMIENTO DE VIGO CONCEJALÍA DELEGADA DE POLÍTICA SOCIAL.
De conformidad con lo previsto en los Arts. 17.3.b) y 20.8.a) de la L.38/2003, de 17 de noviembre, general de subvenciones, se publica el EXTRACTO DE LA CONVOCATORIA de las subvenciones indicada. Su texto íntegro puede consultarse en la web de la BDNS.
Beneficiarios
Las subvenciones se dirigen a entidades y asociaciones de carácter social sin ánimo de lucro para la realización de actividades en el área de los servicios sociales dentro de los niveles de actuación que establece la L.13/2008, de 3 de diciembre, de Servicios Sociales de Galicia.

CONCELLO DE  CALDAS DE REIS
LICITACIÓN PARA ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE SERVIZO DE LIMPEZA EN EDIFICIOS MUNICIPAIS EXPEDIENTE 564/2017 ANUNCIO DE LICITACIÓN
De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local de data 29 de marzo de 2017, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria por procedemento aberto, oferta económicamente máis vantaxosa, tramitación ordinaria, para adxudicar o contrato de “SERVIZO DE LIMPEZA EN EDIFICIOS MUNICIPAIS”, conforme aos seguintes datos:
1. Entidade adxudicadora:
Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Concello de Caldas de Reis
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría
c) Obtención de documentación e información:
1. Dependencia: Departamento de Secretaría
2. Enderezo: Herrería, 1
3. Localidade e Código Postal: Caldas de Reis (36650)
4. Teléfono: 986 540002 e 986 540 110
5. Telefax: 986 530393
6. Correo electrónico: secretaria@caldasdereis.com
7. Enderezo de internet do Perfil do Contratante: www.caldasdereis.com
2. Obxeto do contrato
a) Tipo: servizos
b) Descripción do obxeto: “SERVIZO DE LIMPEZA EN EDIFICIOS MUNICIPAIS”
e) Prazo de execución: UN (1) ano, contado dende a data de comezo fixada no contrato. Poderá prorrogarse por acordo expreso por período dun ano, ata unha duración total do contrato, incluidas a prórroga de DOUS (2) anos.

CONCELLO DE  CRECENTE
APROBACIÓN DO PLAN FINANCEIRO DO CONCELLO DE CRECENTE 2017-2018
En sesión do dia 31 de marzo do 2017, o Pleno desta Corporación acordou aprobar o Plan económico financeiro do Concello de Crecente 2017-2018, por incumprimento do obxectivo da regra de gasto na liquidación de 2016.
En cumprimento do previsto no artigo 23 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira e no artigo 26 do Real Decreto 1463/2007, de 2 de novembro, o documento aprobado exponse ao público durante toda a súa vixencia, con efectos exclusivamente informativos, nas dependencias municipais.


CONCELLO DE  SALVATERRA DE MIÑO
APROBACIÓN INICIAL POLO PLENO DO ORZAMENTO PARA O ANO 2017
O Pleno da Corporación, na sesión celebrada o día seis de abril de dous mil dezasete, aprobou con carácter provisional o Orzamento xeral do Concello para o exercizo 2017, de conformidade co disposto nos artigos 169 do R.D.L. 2/2004, Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, artigos 20 do R.D. 500/90, de 20 de abril, o devandito expediente exponse ó público durante un prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte á data de inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Durante este prazo os interesados poderán examina-lo expediente e presentar reclamacións ante o Pleno, segundo establece o artigo 169 do citado R.D.L. 2/2004.
A modificación considerarase definitivamente aprobada se no período de exposición ó público non se presentan reclamacións. No caso contrario, o Pleno disporá dun mes para resolvelas, que se contará a partires do día seguinte á finalización do prazo de exposición.


CONCELLO DE   CERDEDO–COTOBADE
APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DE CREACIÓN E FUNCIONAMENTO DO REXISTRO ELECTRÓNICO MUNICIPAL A N U N C I O
A Comisión Xestora da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de marzo de 2017, aprobou inicialmente o Ordenanza reguladora de creación e funcionamento do Rexistro Electrónico Municipal.
En aplicación do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das bases do réxime local exponse ao público mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial da Provincia durante o prazo de trinta días hábiles a fin de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións e suxerencias que estimen oportunas.
De presentarse reclamacións terán que ser resoltas pola Comisión Xestora da Corporación que adoptará o acordo definitivo e, de non presentarse, o presente acordo provisional quedará elevado a definitivo debendo procederse á publicación do texto íntegro da Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia para a súa entrada en vigor.

ADICACIÓN EXCLUSIVA E RETRIBUCIÓNS DA PRESIDENCIA  ANUNCIO
En cumprimento das obrigas determinadas pola lexislación de réxime local faise público o acordo da Comisión Xestora do Concello de Cerdedo-Cotobade de 06.04.2017,
“1.—Modificar o réxime de adicacións do Concello de Cerdedo-Cotobade determinándose unha única adicación exclusiva do Sr. Presidente, D. Jorge Cubela López, con efectos do 22.11.2016.
2.—Aprobar as retribucións da Presidencia que ascenderán a 40.000 € brutos anuais distribuídos en catorce mensualidades, con efectos económicos do día seguinte a adopción do presente acordo pola Comisión Xestora.
3.—As retribucións terán o incremento anual que se recolla na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para as retribucións dos funcionarios.”

MODIFICACIÓN DAS INDEMNIZACIÓNS POR ASISTENCIAS A ÓRGANOS COLEXIADOS MUNICIPAIS
En cumprimento das obrigas determinadas pola lexislación de réxime local faise público o acordo da Comisión Xestora do Concello de Cerdedo-Cotobade de 06.04.2017,
“1.Modificar as asignacións de membros dos órganos colexiados da Corporación Municipal do Concello de Cerdedo-Cotobade que non teñan adicación exclusiva:
1.1.Plenos: 90 €
1.2.Membros da Xunta de Goberno Local: 150 €
1.3.Membros das Comisións Informativas: 90 €
2.Adoptar o compromiso de consignar no orzamento anual as aplicacións orzamentarias correspondentes para financiar o gasto proposto.
3.Ordenar a publicación da presente Resolución no Taboleiro de Edictos do Concello e no Boletín Oficial de Pontevedra.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario