viernes, 21 de abril de 2017

BOLETINES 21/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
21/04/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
APROBACIÓN DA CREACIÓN DO FICHEIRO AUTOMATIZADO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DO SERVIZO DE COHESIÓN SOCIAL E XUVENTUDE, DENOMINADO "FICHEIRO DE DATOS DO PROGRAMA DEPO AVENTURA A LANZADA"
ANUNCIO RELATIVO Á APROBACIÓN DA CREACIÓN DO FICHEIRO AUTOMATIZADO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DO SERVIZO DE COHEXIÓN SOCIAL E XUVENTUDE, DENOMINADO –FICHEIRO DE DATOS DO PROGRAMA “DEPO AVENTURA A LANZADA”
A deputada, en virtude das competencias delegadas pola Presidencia, en aplicación da Resolución presidencial de 25 de abril de 2016 (núm. de rexistro 2016007829), ditou Resolución con data 7 de abril de 2017, con número de rexistro 2017006594, pola que se acorda a creación do ficheiro automatizado de datos de carácter persoal do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, denominado Ficheiro de datos do programa “Depo Aventura A Lanzada”:
ANTECEDENTES
1. A Deputación de Pontevedra promove e organiza actividades destinadas á xuventude no ámbito da educación non formal, da inserción sociolaboral, da formación en linguas estranxeiras, do deporte, da cultura e do lecer e tempo libre, entre outras.
Desde o Servizo de Cohesión Social e Xuventude ponse en marcha o programa de campamentos de verán “Depo Aventura A Lanzada” 2017 no Centro de Vacacións da Lanzada para as rapazas e rapaces dos concellos da provincia de Pontevedra.
Este programa ofrece a posibilidade de que 2.200 menores empreguen o seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.
Así mesmo a Deputación, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de diversidade funcional, procura facer efectivos, nesta liña de actuación pública, os dereitos das persoas con diversidade funcional para que participen, en igualdade de condicións coas demais, nas actividades recreativas, de lecer e tempo libre, segundo o artigo 30 da Convención internacional da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade, así como o seu dereito á igualdade, recollido no artigo 7 do R. d. l. 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.
2. Para a xestión da documentación presentada polas nais, pais ou persoas titoras legais das e dos menores que participan neste programa faise necesaria a creación dun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, que se denominará Ficheiro de datos do programa “Depo Aventura A Lanzada”, e que terá como finalidade posibilitar o tratamento da información relativa aos datos facilitados por cada menor que participe no programa, así como a xestión administrativa das solicitudes e o envío da información relacionada. Limitarase a cesión deses datos para a finalidade indicada neste programa.

CONCELLO DE  MEAÑO
CONVOCATORIA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN AUXILIAR DA POLICÍA LOCAL
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de data 3 de abril de 2017, aprobou as bases para a selección de un/ha auxiliar da policía local do Concello de Meaño.
As bases do proceso selectivo poderán consultarse nas oficinas municipais e na páxina web do Concello de Meaño (www.concellodemeano.com).
O prazo de presentación de instancias para a participación neste proceso selectivo é de cinco días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

CONCELLO DE  MOAÑA
NOMEAMENTO DE PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 27.03.2017, logo de superar o proceso selectivo correspondente á oferta de emprego público do ano 2016, nomeou como persoal funcionario de carreira desta Corporación nas escalas e subescalas que se especifican a:
• Soledad Rios Santome, con DNI 76810720N, escala de administración xeral, subescala administrativa, denominación: administrativa, integrada no grupo C, subgrupo C1.
• Margarita Calvar Fernández, con DNI 76807695T, escala de administración xeral, subescala administrativa, denominación: administrativa, integrada no grupo C, subgrupo C1.
O que se fai público segundo o establecido no artigo 62.1.b do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público e de conformidade coa Base xeral décimo sexta da convocatoria que rexeu o proceso selectivo para cubrir as ditas prazas.

CONCELLO DE  REDONDELA
INFORMACIÓN PÚBLICA SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS
Tralo acordo do Pleno do Concello de Redondela, con data do 2 de marzo de 2017, de aprobación de diferentes subvencións nominativas para o exercicio económico do ano 2017, en cumprimento do disposto no artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, exponse o expediente ó público polo prazo de quince días, durante os cales as persoas interesadas poderán examinalo e presenta-las reclamacións ó Pleno.
En ausencia de reclamacións, o presente acordo inicial elevarase automaticamente a definitivo e será publicado.



DOG                              Descripción: dog
21/04/2017


BOE                             Descripción: boe    
21/04/2017
CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL Letrados al servicio del Tribunal Supremo
Acuerdo de 6 de abril de 2017, de la Comisión Permanente del Consejo General del Poder Judicial, por el que se convoca concurso para la provisión de plaza de Letrado del Gabinete Técnico al servicio del Tribunal Supremo. PDF (BOE-A-2017-4357 - 4 págs. - 224 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DEL INTERIOR Cuerpo de Enfermeros de Instituciones Penitenciarias
Resolución de 6 de abril de 2017, de la Subsecretaría, por la que se aprueba la relación definitiva de admitidos y excluidos, de las pruebas selectivas para el ingreso, por el sistema general de acceso libre, en el Cuerpo de Enfermeros de Instituciones Penitenciarias, convocadas por Resolución de 22 de noviembre de 2016. PDF (BOE-A-2017-4358 - 3 págs. - 281 KB)  Otros formatos

COMUNIDAD AUTÓNOMA DEL PAÍS VASCO Especialidades sanitarias
Resolución 272/2017, de 7 de febrero, de la Dirección Gerencia de Organización Sanitaria Integrada Araba, por la que se convoca concurso para la provisión de puesto de trabajo de Jefe de Sección del Servicio de Cuidados Paliativos. PDF (BOE-A-2017-4359 - 7 págs. - 201 KB)  Otros formatos

Resolución 467/2017, de 13 de marzo, de la Dirección Gerencia de Organización Sanitaria Integrada Araba, por la que se convoca concurso para la provisión de puesto de trabajo de Jefe de Servicio de Aparato Digestivo. PDF (BOE-A-2017-4360 - 7 págs. - 203 KB)  Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario