miércoles, 19 de abril de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 18/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
18/04/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
BASES DA CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE MESTRAS OU MESTRES CANTEIROS PARA A ESCOLA DE CANTERÍA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, 2017
Con fundamento no artigo 34.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e de conformidade coa proposta da directora da Escola de Canteiros, o Deputado Delegado en materia de Recursos Humanos por Resolución Presidencial nº2017006761 de data 11 de abril de 2017, acorda aprobar a convocatoria de dúas bolsas de mestras ou mestres canteiros para a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, segundo as seguintes
BASES
Primeira. Obxecto
Estas bases regulan o procedemento a seguir para a concesión de dúas bolsas de mestras ou mestres canteiros, coa finalidade de completar a formación recibida na Escola.
Segunda. Condicións das persoas aspirantes
Poderán beneficiarse destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países membros da Unión Europea
b) Estar en posesión do título de mestra ou mestre canteiro na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes
c) Non ter os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes
d) Non estar incapacitada ou incapacitado fisicamente nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa
e) Non beneficiarse anteriormente dunha bolsa remunerada de duración superior a seis meses na Deputación de Pontevedra nin nos extintos organismos autónomos dependentes desta institución
f) Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal que non tivese un contrato polo grupo de cotización correspondente ao nivel formativo da titulación esixida nin estivese de alta como autónoma ou autónomo por un período de tempo superior a seis meses
g) Estar inscrita ou inscrito nalgunha oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante ou en mellora de emprego
h) Non incorrer nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións

CONCELLO DE  

No hay comentarios:

Publicar un comentario