miércoles, 26 de abril de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 26/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
26/04/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
LISTA DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA O POSTO DE 12 MESTRAS E MESTRES COMPOSTEIROS DO NOMEAMENTO INTERINO PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA
REVITALIZA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL PROCESO SELECTIVO
12 postos de mestras e mestres composteiros
APROBACIÓN DA RELACIÓN DEFINITIVA, DESIGNACIÓN DO TRIBUNAL E DATAS DA SÚA CONSTITUCIÓN E REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
“Na páxina web e nos taboleiros de anuncios desta Deputación publicouse a Resolución de 6 de abril de 2017, pola que se fixo pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo convocado para o nomeamento interino de 12 postos de mestras e mestres composteiros, para executar o programa de carácter temporal “Revitaliza”.

LISTA DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA O POSTO DE 6 TÉCNICOS DE XESTIÓN DE RESIDUOS MUNICIPAIS E TRATAMENTO DE BIORRESIDUOS DO NOMEAMENTO INTERINO PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA REVITALIZA
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL PROCESO SELECTIVO
6 POSTOS DE TÉCNICA/O DE XESTIÓN DE RESIDUOS MUNICIPAIS
E TRATAMENTO DE BIORRESIDUOS
APROBACIÓN DA RELACIÓN DEFINITIVA, DESIGNACIÓN DO TRIBUNAL E DATAS DA SÚA CONSTITUCIÓN E REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de persoal, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
“Na páxina web e nos taboleiros de anuncios desta Deputación publicouse a Resolución de 6 de abril de 2017, pola que se fixo pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo convocado para o nomeamento interino de 6 postos de persoal técnico de xestión de residuos municipais e tratamento de biorresiduos, para executar o programa de carácter temporal “Revitaliza”.

CONCELLO DE  A ESTRADA
PREZO PÚBLICO POLO SERVIZO DE GARDERÍA MUNICIPAL DE ABRIL DE 2017 EDICTO
Mediante o Decreto da Alcaldía núm. 302, do 3 de abril de 2017 aprobouse a liquidación correspondente ao Prezo público polo servizo de gardería municipal de abril de 2017 cun importe de 8.533,70 € e un total de 141 usuarios.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria aplicable á facenda das entidades locais e aplicando o disposto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 do marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, quedan expostos ao público durante o prazo de 15 días para o seu exame e para a reclamación por parte das persoas interesadas. O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102 da Lei 58/2003 xeral tributaria.
Contra as débedas consignadas nos padróns contributivos e notificadas colectivamente mediante o presente anuncio, as persoas interesadas poderán interpor os seguintes recursos:
— Reposición, perante a Alcaldía deste concello, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ó da finalización da exposición pública do padrón, que se entenderá rexeitado se ó transcorrer un mes dende a súa presentación non se resolve de maneira expresa.
— Contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses se a resolución do recurso de reposición é expresa, e no prazo de 6 meses dende a súa i nterposición, se non o fose.
— Calquera outro recurso que as persoas interesadas consideraren oportuno.

CONCELLO DE  NIGRÁN
ESTABLECEMENTO DE PREZOS PÚBLICOS PARA AS ACTIVIDADES CAMPAMENTO DE VERÁN E LUDOTECA DE NADAL
Cumprindo o establecido na ordenanza xeral de prezos públicos do Concello de Nigrán (publicada no BOP número 28, do día 8.02.13), o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 29.03.17 acordou o establecemento do prezo público para a actividade “Campamento verán e Ludoteca de Nadal” polo seguintes importes por actividade e participante:

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Secretaría de Gobierno A Coruña



CONCURSO XUÍZ DE PAZ SUBSTITUTO DE TOMIÑO. PDF

No hay comentarios:

Publicar un comentario