lunes, 10 de abril de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 10/04/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
10/04/2017
CONCELLO DE  A CAÑIZA
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO DE 2017
O Pleno do Concello de A Cañiza, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de marzo de 2017, aprobou inicialmente Orzamento Xeral do Concello, as Bases de Execución, así como o respectivo anexo de persoal para o exercicio 2017.
En cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e disposicións concordantes, exponse ao público na Intervención Xeral deste Concello polo prazo de QUINCE DÍAS HÁBILES, -o cal comezará a contar desde o seguinte ao da inserción do presente Edicto no Boletín Oficial da Provincia-, a fin de que durante o dito prazo se poidan formular as reclamacións que se consideren pertinentes, dirixidas estas ao Sr. Alcalde-Presidente desta Corporación.
Documento asinado electrónicamente (art. 19 da Lei 11/2007) por Miguel A. Dominguez Alfonso, Alcalde do Concello de A Cañiza, A Cañiza, 3 de abril de 2017.

CONCELLO DE  MEAÑO
LISTA DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS EN PROCESOS SELECTIVOS
Fáise pública a Resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, a designación de tribunal e a data de realización do primeiro exercicio, no proceso selectivo convocado para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo para rexistro e padrón municipal de habitantes, en réxime de interinidade.
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
LISTA DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, DESIGNACIÓN DE TRIBUNAL E DATA DE REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO NO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISIÓN, DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO PARA REXISTRO E PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES, EN RÉXIME DE INTERINIDADE.
Primeiro.- De conformidade co disposto nas bases reguladoras para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo para rexistro e padrón municipal de habitantes, en réxime de interinidade, aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión de data 14 de novembro de 2016 e publicadas integramente no Boletín Oficial da Provincia nº 230, de data 1 de decembro de 2016, unha vez rematado o prazo de enmenda de defectos que motivaron a exclusión provisional, a Alcaldía ditará resolución pola que se aprobe a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo. Na mesma Resolución determinarase a designación do Tribunal cualificador, así coma a data do comenzo das probas.
Segundo.- Esta resolución publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, Taboleiro de anuncios e na páxina Web do Concello de Meaño.
Esta Alcaldía, en uso das atribucións que lle confire o artigo 41.14 do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e o artigo 61 da Lei 5/971 do 22 de xuño, de Administración Local de Galicia, RESOLVE:
1º.- Aprobala lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo para rexistro e padrón municipal de habitantes, en réxime de interinidade, con expresión de causas de exclusión.

CONCELLO DE  O ROSAL
APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DO ROSAL
O Pleno do Concello do Rosal, en sesión ordinaria realizada o día 25 de marzo de 2017, aprobou inicialmente o Regulamento da agrupación de voluntarios de protección civil de O Rosal.
De acordo co disposto artigo 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, sométese a información pública por un prazo de trinta días hábiles -a contar dende o seguinte ó da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para os efectos de que polos interesados se poidan presenta-las reclamacións que coiden oportunas.
O expediente poderá examinarse nas oficinas da Secretaría do Concello, en días hábiles e durante o horario de atención ó público. No caso de que non se presente ningunha reclamación ou suxerencia entenderase definitivamente adoptado o acordo.

CONCELLO DE  SANXENXO
APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO DO SERVIZO DE EMPRÉSTITO DE AXUDAS TÉCNICAS DO CONCELLO DE SANXENXO. ANUNCIO
O Concello Pleno en sesión realizada o 27 de marzo de 2017 aprobou inicialmente o “REGULAMENTO DO SERVIZO DE EMPRESTITO DE AXUDAS TÉCNICAS DO CONCELLO DE SANXENXO”.
Polo prazo de trinta días exponse ao público co obxecto de que se poidan prestar reclamacións ou suxestións ao mesmo entendéndose aprobado definitivamente no suposto de non se presentar as mesmas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario