miércoles, 25 de enero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 25/01/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
25/01/2017
CONCELLO DE  VIGO
MODIFICACIÓN PUNTUAL DA VIXENTE RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO, EN EXECUCIÓN DO ACORDO PLENARIO DE APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2017
MODIFICACIÓN PUNTUAL DA VIXENTE RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente celebrada o venres 13/01/2017, adoptou o seguinte acordo de modificación puntual da vixente Relación de Postos de Traballo:
Expediente administrativo nº 29243/220: modificación puntual da vixente RPT, diversos postos de traballo, en execución do acordo plenario de aprobación dos orzamentos municipais 2017.
En cumprimento do preceptuado no artigo 202 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, o devandito documento exponse ao público na Área de Recursos Humanos e Formación deste Concello durante o período de 20 días hábiles, aos efectos de presentación de alegacións.
No suposto de non presentarse reclamacións durante dito prazo, consideraranse definitivamente aprobados, nos termos da normativa citada.
O cal se fai público aos efectos indicados.

CONCELLO DE  O ROSAL
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTOS 2017 EDICTO
Elevado a definitivo por non terse presentado alegacións o acordo de aprobación inicial do orzamento xeral do Concello do Rosal para o exercicio 2017 adoptado polo Pleno da Corporación na sesión de data 3 de decembro de 2016, en cumprimento dos artigos 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, Real Decreto Lexislativo 2/2004, e 20.3 do Real Decreto 500/90, faise público que o Orzamento Xeral ascende, en cada capítulo as cantidades que a continuación se expresan, segundo o seguinte detalle:

No hay comentarios:

Publicar un comentario