martes, 24 de enero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 24/01/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
24/01/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
BASES DA CONVOCATORIA DE 15 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL DE MESTRAS E MESTRES COMPOSTEIROS CON DESTINO AO PLAN COMPOST REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Con fundamento no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou aprobar a convocatoria de 15 bolsas de práctica laboral para mestras e mestres composteiros na institución provincial, que se rexerán segundo as seguintes BASES Primeira. Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, de 15 bolsas de práctica laboral destinadas a persoas en situación de demanda de emprego ou de mellora de emprego coa finalidade de completar a súa formación na área da xestión dos residuos orgánicos de orixe doméstica de cara á súa incorporación ao mercado laboral como mestras e mestres composteiros.
Entre todos os concorrentes seleccionaranse a 20 aspirantes, que deberán realizar un curso teórico-práctico impartido por persoal especializado na materia, cunha duración de 4 semanas, co obxecto de formalos como mestras e mestres composteiros, de xeito que finalmente 15 deles resulten elixidos para exercer como asesores e animadores deste método de tratamento da materia orgánica de orixe domiciliaria naqueles concellos da provincia de Pontevedra que participen no “Plan Compost Revitaliza” posto en marcha desde a Deputación de Pontevedra.
CONCELLO DE  

No hay comentarios:

Publicar un comentario