lunes, 9 de enero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 09/01/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
09/01/2017
CONCELLO DE  MONDARIZ-BALNEARIO
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2017
Aprobouse inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión de 29 de decembro de 2016, o orzamento xeral para o exercicio económico de 2017, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo. Segundo o disposto no Art. 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais e disposicións concordantes, exponse ó público na secretaría deste Concello, por prazo de 15 días hábiles, que comezará a contarse dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no B.O.P. Durante este prazo poden formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.

CONCELLO DE  MOS
CONVOCATORIA PARA O POSTO DE XUÍZ PAZ TITULAR
Atopándose para vencer o período polo que se nomeu xuíz de paz titular, pola presente, e de conformidade cos arts 99 e seguintes da Lei Orgánica 6/1985 do Poder Xudicial e seguindo o acordo do Consello Xeral do Poder Xudicial do 07.06.1995 polo que se aproba o Regulamento dos Xuíces de Paz, procédese á convocatoria pública de cantas persoas estean interesadas e reúnan as condicións esixibles para o seu nomeamento como tal.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio no último dos lugares onde deba de selo (BOP, taboleiro de edictos do Concello, Xulgado de Paz de Mos e Xulgado de 1º Instancia e Instrucción nº 1 de O Porriño).
Os que estean interesados poderán presentar a súa proposta, achegando cantos méritos estimen, no rexistro xeral do Concello, ou por calquera das formas previstas no art. 16 da Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.
Os requisitos para acceder á praza son: ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento. Ademais non poderá estarse incurso nas causas de incapacidade e incompatibilidade previstas para os membros do Poder Xudicial, a excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís.
Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario