jueves, 5 de enero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 04/01/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
04/01/2017
CONCELLO DE  MEAÑO
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO MUNICIPAL DO CONCELLO PARA O EXERCICIO 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria de data 29 de decembro de 2016, o Orzamento Municipal correspondente ao exercicio económico 2017, así coma as Bases de Execución, Relación de Postos de Traballo e o Cadro de Persoal, a relación de cargos con dedicación, a asignación a grupos políticos, as subvencións nominativas e demáis documentación que integra o expediente do Orzamento; dando cumprimento ao artigo 169.1 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público por un prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales os interesados poderán examina-lo e presentar reclamacións ante o Pleno da Corporación, segundo se sinala no artigo 170 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. O Presuposto Municipal considerarase definitivamente aprobado si durante o devandito prazo non se presentasen reclamacións ó mesmo, ó abeiro do artigo 169.1 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo.

CONCELLO DE  PONTE CALDELAS
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL PARA O EXERCICIO ECONÓMICO DE 2017, BASES DE EXECUCIÓN E A PLANTILLA DO PERSOAL FUNCIONARIO LABORAL E EVENTUAL
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión extraordinaria de 22 de decembro de 2016 o Orzamento Xeral para o exercicio económico de 2017, Bases de Execución, e a Plantilla do persoal funcionario, laboral e eventual para dito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por plazo de quince días hábiles dende o día seguinte a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo os interesados poidan examinalo e poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas ante o Pleno. Se durante este prazo non se presentaran reclamacións o Orzamento considerarase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE  TOMIÑO
APROBACIÓN ORZAMENTO MUNICIPAL
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, na sesión do día 28 de decembro de 2016, o Orzamento Xeral e o Cadro de Persoal para o exercicio 2017, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e disposicións concordantes, exponse aos interesados na Intervención deste Concello, polo prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente edicto no BOP, para que os interesados poidan examinalo e formular as reclamacións que consideren pertinentes ante o Pleno.

MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO
APROBACIÓN ORZAMENTO
Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno en sesión de data 28/12/2016, o presuposto para o exercicio económico de 2017 e o cadro de persoal para o devandito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do RDL 2/2004, e disposicións concordantes, exponse ó público, polo prazo de quince días hábiles, que comezarán a contar dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ó obxecto de que durante o mesmo se poidan facer as reclamacións e suxestións que se consideren oportunas, as que deberán ser dirixidas ao Presidente desta Mancomunidade.

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2016
A Xunta da Mancomunidade, en sesión celebrada o 1 de decembro de 2016, acordou a aprobación inicial do Orzamento e cadro de persoal desta Mancomunidade para o exercicio 2017. Por non presentarse reclamacións durante o período de exposición pública, considérase definitivamente aprobado ao elevarse a definitivo o acordo de aprobación inicial, conforme ao disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
1.-En cumprimento do artigo 169.3 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, fanse públicos os importes por capítulos do orzamento:

No hay comentarios:

Publicar un comentario