lunes, 16 de enero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 16/01/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
16/01/2017
CONCELLO DE VIGO
MODIFICACIÓN DO RÉXIME DE DELEGACIÓNS EN CONCELLEIROS-DELEGADOS (ÁREAS FOMENTO, LIMPEZA E CONTRATACIÓN E ÁREA DE XESTIÓN MUNICIPAL, PERSOAL, PATRIMONIO E ADMON. ELECTRÓNICA)
PROPOSTA DE ACORDO:
Primeiro.—Modificar o acordo da Xunta de Goberno Local de delegación de competencias nos Concelleiros Delegados de data 19 de xuño de 2015, coas súas modificacións, incluíndo o seguinte contido:
a) Modificar o apartado V.—NA CONCELLERÍA DELEGADA DE XESTIÓN MUNICIPAL, PERSOAL, PATRIMONIO E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA, incluíndo a Delegación das competencias relativas á aprobación dos devengos retributivos derivados dos supostos de encomendas de funcións, acumulacións de tarefas, acumulación temporal de postos de traballo, produtividade e gratificacións por servizos especiais e extraordinarios, nocturnidade e festividade, nos termos do disposto nos actos administrativos de autorización ou aprobación dos ditos conceptos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario