viernes, 20 de enero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 20/01/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
20/01/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CORRECCIÓN DE ERROS NAS BASES DA CONVOCATORIA DE TRES BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL NA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O Deputado delegado en materia de persoal, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
Advertido erro nas bases da convocatoria de tres bolsas de práctica laboral para persoas coa titulación de Enxeñaría de Montes, Licenciatura Universitaria ou Grao en Bioloxía e Enxeñería Agraria, con destino á Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de data 11 de xaneiro de 2017, o abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015 de 01 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procédese a súa rectificación, no senso que onde di:
“…Enxeñaría Agraria…”
Debe dicir:
“…Enxeñaría Agrónoma…”

CONCELLO DE  CERDEDO–COTOBADE
CONVOCATORIA SELECCIÓN DE PERSOAL DE DOUS CANTEIROS COMO FUNCIONARIOS INTERINOS ANUNCIO
Por Resolución da Presidencia de data 13 de xaneiro aprobáronse as Bases para a selección de dous canteiros como funcionarios interinos pertencentes á Escala de Administración Especial subescala de servizos especiais persoal de oficios agrupacións profesionais por acumulación de tarefas por un periodo de trinta días.
O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais a contar a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases están a disposición dos interesados/as na Secretaría do Concello de Cerdedo-Cotobade en horario de luns a venres de 9 a 14 h ou nas páxinas web do Concello (www.concellodecotobade.org e www.cerdedo.es)

CONCELLO DE  A ESTRADA
RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DA ESTRADA
ANUNCIO DA PUBLICACIÓN ÍNTEGRA DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
DO CONCELLO DE A ESTRADA
O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 1 de decembro de 2016 acordou estimar parcialmente os recursos interpostos por diversos traballadores e centrais sindicais no relativo á publicación íntegra do documento aprobado definitivamente en aras dunha total transparencia e por seguridade xurídica.
De conformidade co establecido no artigo 127 do Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, por medio do presente anuncio, procédese á publicación íntegra da mencionada relación de postos de traballo.
Contra o presente acordo que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer o seguinte recurso, sen prexuízo de que interpoña calquera outro que estime oportuno e sexa aceptable en dereito, de conformidade co establecido na lei 39/2015 e na lei 29/98:
Recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da notifiación deste Acordo. O recurso contencioso-administrativo deberá interpoñerse ante o Xulgado do Contencioso con sede en Pontevedra.
O presente documento pretende dar desposta ás necesidades organizativas do persoal do Concello da Estrada.

CONCELLO DE REDONDELA
LISTA DEFINITIVA PERSOAS ADMITIDAS PROCESO SELECTIVO OFERTA 2013 INSPECTOR/A POLICÍA LOCAL ANUNCIO
Por Resolución do alcalde, con data de 11/01/2017, aprobouse a relación definitiva das persoas admitidas para cubrir unha praza vacante de persoal funcionario do Concello de Redondela, incluída na oferta de emprego público de 2013, na cal se establece o seguinte,
CONCELLO DE  VIGO
MODIFICACIÓN PUNTUAL DA VIXENTE RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria de 30 de decembro de 2016, acordou modificar a Relación de Postos de Traballo do Organismo Autónomo Xerencia Municipal de Urbanismo, aprobada pola Xunta de Goberno Local na sesión de 27 de setembro de 2013 e publicada no Boletín Oficial da Provincia do 13 de novembro de 2013.
Expediente administrativo número 9.120/407: Modificación da Relación de Postos de Traballo 2016.
En cumprimento do preceptuado no artigo 202 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, o devandito documento exponse ao público o citado expediente nos Servizos Centrais desta Xerencia Municipal de Urbanismo durante o prazo de 20 días hábiles, ós efectos de presentación de reclamacións, suxerencias ou alegacións.
No suposto de non presentarse reclamacións, suxerencias ou alegacións durante dito prazo, consideraranse definitivamente aprobados, nos termos da normativa citada. O que se fai público ós efectos indicados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario