miércoles, 11 de enero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 11/01/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
11/01/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA DE TRES BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA PERSOAS COA TITULACIÓN DE ENXEÑARÍA DE MONTES, LICENCIATURA UNIVERSITARIA OU GRAO EN BIOLOXÍA E ENXEÑARÍA AGRARIA, CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA AREEIRO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
CONVOCATORIA DE TRES BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA PERSOAS CO TÍTULO DE ENXEÑERÍA DE MONTES, ENXEÑERÍA AGRARIA E LICENCIATURA OU GRAO EN BIOLOXÍA CON DESTINO NA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA AREEIRO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Con fundamento no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade coa proposta do xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica Areeiro, a Deputación de Pontevedra convoca tres bolsas de práctica laboral para persoas co título de Enxeñería de Montes, Enxeñería Agraria e licenciatura universitaria ou grao en Bioloxía con destino na Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra, segundo as seguintes
BASES
Primeira. Obxecto
Estas bases regulan o procedemento que se seguirá para a concesión das tres bolsas de práctica laboral relacionadas no anexo I, para persoas co título de Enxeñería de Montes, Enxeñería Agraria e licenciatura universitaria ou grao en Bioloxía con destino na estación Fitopatolóxica Areeiro, na Sección de Fruticultura e Ornamentais, na Sección de Fitopatoloxía e na Unidade de Virus, Bacterias e Nematodos, respectivamente, seccións que experimentaron un incremento importante no seu volume de traballo nos proxectos de investigación que se levan a cabo na Estación Fitopatolóxica Areeiro.

CONCELLO DE  MOAÑA
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello de Moaña en sesión ordinaria celebrada o día 29 de decembro de 2016 o orzamento xeral deste Concello para o ano 2017 e a plantilla de persoal, en cumprimento do establecido no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais e no artigo 20 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril, o devandito documento exponse ao público na Secretaría deste Concello durante o período de 15 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a devandita aprobación inicial poderán os interesados interpoñer reclamacións ante o Pleno do Concello durante o transcurso da referida exposición, de acordo cos supostos taxados no artigo 170 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e 22 do Real decreto 500/1990, de 20 de marzo. No suposto de non se presentar reclamacións durante dito prazo, o orzamento xeral considerarase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE  REDONDELA
BASES ESPECÍFICAS DAS PRAZAS DE DELINEANTE E ADMINISTRATIVOS/AS DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ANO 2016
A Xunta de Goberno Local adoptou na sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de novembro de 2016, o seguinte acordo:
1.—Aprobar as bases específicas para a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir as seguintes prazas correspondentes á Oferta Pública de Emprego do ano 2016:
PERSOAL FUNCIONARIO:
— 1 praza de Delineante, encadrada na escala de administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C1, polo sistema de oposición libre, mediante o procedemento de promoción interna.
— 2 prazas de Administrativos/as, encadradas na escala de administración xeral, subescala administrativa e integradas no grupo C, subgrupo C1, polo sistema de oposición libre, mediante o procedemento de promoción interna.

No hay comentarios:

Publicar un comentario