martes, 17 de enero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 17/01/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
17/01/2017
CONCELLO DE O PORRIÑO
ADXUDICACIÓN NO PROCEDEMENTO DA CONTRATACIÓN DA PÓLIZA DO SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E PATRIMONIAL CONCELLO DO PORRIÑO (LOTE 1)
Por decreto de Alcaldía de data 09 de decembro de 2016, procedeuse á adxudicación no procedemento da contratación da póliza do seguro de responsabilidade civil e patrimonial Concello do Porriño (lote 1), coas seguintes especificidades:
1.—ENTIDADE ADXUDICADORA
a) Organismo: Concello do Porriño.
b) Dependencia tramitadora do expediente: Secretaría-Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: 20/16
2.—OBXECTO DO CONTRATO
a) Descrición do obxecto: contratación da póliza do seguro de responsabilidade civil e patrimonial do Concello de Porriño (lote 1).
3.—TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedemento: aberto
4.—ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
a) Orzamento total: 85.377,90 € (exento de IVE)
5.—ADXUDICACIÓN
a) Data: 09/12/16
b) Contratista: MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS
CORRECCIÓN ERRO APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2017
Observado erro no título do anuncio inserto no BOP nº 3 de data 04-01-2017, relativo á aprobación definitiva do orzamento, onde di: APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2016, debe dicir: APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2017

ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
PLAN ECONÓMICO-FINANCIERO 2016-2017
En cumprimento do disposto no artigo 26 do regulamento de desenrolo da Lei 18/2001 de 12 de decembro de estabilidade orzamentaria, aprobado polo RD 1463/2007 de 2 de novembro, faise pública a aprobación do Plan Económico-Financeiro para os exercicios 2016 e 2017, aprobado pola Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Camposancos, en sesión extraordinaria do 28 de decembro de 2016.
O Plan Económico Financeiro estará a disposición de calquera interesado na casa da Entidade, mentres permaneza vixente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario