martes, 3 de enero de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 03/01/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
03/01/2017
CONCELLO DE  AGOLADA
APROBACIÓN INICIAL TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS 3-2016.
O Pleno do Concello de Agolada, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de decembro de 2016, acordou a aprobación inicial do expediente de transferencia de créditos número 3/2016 entre aplicacións de gastos de distinto grupo de función.
En cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 179.4 do Real decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, sométese o expediente á información pública polo prazo de quince días, contados desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas.
Se transcorrido ese prazo non se presentan alegacións, considerarase aprobado definitivamente o acordo.

CONCELLO DE  CUNTIS
APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DE HONRAS E DISTINCIÓNS NO CONCELLO DE CUNTIS.
O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 1 de decembro de 2016 acordou aprobar inicialmente o expediente da Ordenanza reguladora de honras e distincións no Concello de Cuntis.
Exponse ao público, durante o prazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, podendo ser examinado e formularse reclamacións, durante o mesmo prazo.De non presentarse reclamacións ou observación ningunha, entenderase definitivamente aprobada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario